Ribeira Sacra Breogán – Planasa Navarra

Este sábado ás 19.15 no Pazo dos Deportes de Lugo o Breogán recibe a Planasa Navarra. O equipo de Pamplona chega a Lugo como colista logo de perder na casa ante o seu gran rival pola última praza, o filial blaugrana. A destitución de Ángel Jareño non serviu de revulsivo para o equipo, e baixo a dirección de Sergio Lamúa non están colleitando mellores resultados.

nararraUn triunfo ante Oviedo é a pobre bagaxe que presenta o cadro que gañara ao Breogán na primeira volta por 79-75. Dende aquel encontro perderon a Álex Urtasun (quen firmou un contrato temporal co CAI Zaragoza, xa expirado), e ao base Robertas Bitinas, rescindido por problemas extradeportivos e que agora milita no Askatuak de Plata.

Así, no posto de base contan co canario Christian Díaz, quen coincidiu naquel famoso U.B. La Palma con moitos xogadores do actual equipo breoganista. Ven gañando minutos nas últimas xornadas e a pasada semana firmou grandes números (21 puntos, 6 rebotes, 4 asistencias e 6 faltas recibidas para unha valoración de 29). Compleméntao no posto de base Raúl Mena (lesionado) e un emerxente Nico Úriz (irmán do ACB Ricardo e do ex Estudiantes Lugo Mikel, agora en Clavijo).

Por fora, Quique Suárez, home moi perigoso cando ten o día, un bo anotador como Martin Durchev (cunha peculiar pero efectiva mecánica de tiro), o xogador nado en Sebastopol Anton Savitski e outro ex La Palma como Joaquin Bonhome, sempre intenso no seu xogo e que está xogando moitísimos minutos.

No xogo interior, destaca un nome por riba dos demais: David Mesa. O ala-pívot está tendo grandes actuacións ca camisola navarra, saíndo a case que 13 puntos e 8 rebotes por encontro. O outro “4” do equipo, o que foi xogador de Breogán durante as dúas últimas tempadas Álex Navajas, quen comezou de xeito brillante a tempada e foi decaendo pouco a pouco. A gran novidade é o pívot croata Ivan Krolo, xogador moi grande (preto dos 2.20) dos que sempre dificultan o xogo, ao igual que o fixo a semana pasada Dobos no Clavijo. Completan o lucense Miguel Lorenzo, con presenza case que testemuñal e un Sebirumbi do que agardaban moito máis en Anaitasuna.

Sen dúbida a clave estará en frear a Mesa e que non anoten moito dende fora, e sobre todo que o Breogán saiba impoñer as súas armas, nun xogo interior que sobre o papel é moi superior ao dos navarros. Trátase do equipo que xoga a máis posesións da liga, son o equipo que máis puntos encaixados colleita e un dos que menos anota, despois do filial do Barcelona e do COB. Pero ben é sabido que nesta liga non hai un encontro que sexa fácil. Para proba, o encontro da primeira volta.

Advertisements

About Vinicius

Breoganista de hélice. Baloncesto e ciclismo. Chairego, lucense, galego. HBO fan. Namorado da miña terra.

Posted on 7 Marzo 2014, in Encontros. Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Baloncesto con P, de Palencia claro

todo por Palencia Baloncesto

@KIAenZona

Información sobre o Club Baloncesto Breogán S.A.D.

Blogoncesto

Información sobre o Club Baloncesto Breogán S.A.D.

ZonaOCB

Información sobre o Club Baloncesto Breogán S.A.D.