Coñecendo a… Lisardo Gómez

Ca entrevista de hoxe, pretendemos coñecer un chisco máis ao noso míster. Agardamos que vos resulte interesante saber máis da persoa que dirixe ao noso equipo.

Foto: @patmas16

Foto: @patmas16

Onde nace Lisardo Gómez?

Nacín en Lugo capital.

Supoño que como bo lucense terás aldea, quizais máis de unha… Onde está a túa?

Miña nai e de Guitiriz e meu pai era dunha pequena aldea de Ourense, pero digamos que dende moi pequeno vivín sempre en Lugo.

Un lugar que visitar?

Sempre que podo escapo á Mariña lucense, xoguei dous anos alí e penso que ten un encanto especial. Pero que conste que toda a costa galega e fermosa de verdade, cada vez gústame mais veranear nas nosas costas. E unha cidade a que teño moitas ganas de voltar por que me impactou a primeira vez que fun e New York.

Onde estudaches?

Estudei no colexio Anexa.

Como foi a túa formación como adestrador?

Empecei a adestrar no Estudiantes despois de ter que deixar o baloncesto por unha lesión, Caneda convenceume e empecei cos mais pequenos e fun medrando pouco a pouco. Fun adestrador axudante de Manel Sánchez no equipo EBA e logo o primeiro adestrador, tanto do equipo EBA como do equipo sub20 co que conseguimos o ascenso a primeira división e chegamos a xogar unha fase final o ano seguinte. O meu paso o profesionalismo veu da man de Paco García que me chamou para formar parte do Breo.

Se non te adicases profesionalmente a adestrar, a qué te adicarías?

Encantaríame traballar no sector da música, e unha das miñas debilidades, de feito fai anos tiven unha tenda de música na que aparte de vender produtos musicais organizaba viaxes a concertos ou festivais de nivel internacional. Todo iso compaxinábao cos estudos e coa miña carreira de xogador, digamos que tiña unha axenda apertada.

Musicalmente, cales son os teus gustos?

Son dos que lle gusta escoitar de case todo, pero claramente decántome polo rock, podería estar falando moito tempo de grandes grupos que me gustan, tanto actuais como algúns mais clásicos e aínda que non e fácil voume decantar por dous deles: Pearl Jam e Tool.

Televisión, series, filmes?

Sempre fun mais de filmes, pero hoxe en día as series están superando para o meu gusto os filmes. Agora mesmo intento ver, cando teño tempo, tres delas: Juego de tronos, Breaking bad e The walking dead. A televisión pouco a vexo, os telediarios, partidos de baloncesto e pouco mais.

Algunha lectura que recomendes?

Por recomendación dun afeccionado do Breogán agora estou cos libros de Juego de tronos, pero leo calquera tipo de lectura. Iso si, o que nunca falta na miña mesiña de noite e o libro “duérmete niño”.

Gastronomía. Qué nos recomendas (pratos e lugares onde comer)?

E pra comer Lugo, pouco mais podo engadir. O que está claro e que no norte de España cómese moi ben, pero eu decántome pola nosa comunidade e especialmente pola nosa cidade. O que mais me gusta e o marisco.

Algún defecto que recoñezas? E virtude?

Penso que son demasiado perfeccionista e iso en moitas ocasións pódese convertir nun problema. Penso que non debo ser eu quen diga unha virtude miña, pero o que si teño claro e que odio as mentiras, e intento dicir sempre a verdade, eu considero iso unha gran virtude.

Ten Lisardo Gómez algunha superstición ou manía?

Non creo en supersticións, pero o que si teño e a miña rutina antes dos partidos, tanto en casa como fora do Pazo e intento non cambiala nunca, xa o facía coma xogador.

Un soño?

Deportivamente o ascenso a ACB co Breo. Fora do deporte, ser feliz xunto a miña familia.

Algo do que estes persoalmente orguioso?

Deportivamente estou orguioso de que todos os meus equipos son e foron traballadores, disciplinados e loitadores. No aspecto extradeportivo estou moi orguioso da miña familia.

Sabemos que che gusta moito a NCAA, un equipo que che guste especialmente?

Non teño ningún do que sexa forofo, cada ano aparece algún equipo que me gusta como xoga e podo ter certa debilidade por el. De todas formas si e certo que os equipos de Rick Pitino encántanme como xogan, polo tanto agora mesmo vou cos Louisville Cardinals.

Irás a algún encontro do Mundobasket?

Espero poder asistir a algún en directo, penso que temos unha gran oportunidade de poder ver os mellores xogadores do mundo en directo e iso pasa poucas veces.

Como xogador, quén foi o mellor rival ao que te enfrontaches?

En partido oficial o xogador co que mais sufrín defendendo foi con Esteban Gómez. En adestramentos o que mais me impresionou foi Velimir Perasovic.

É certo que da túa época Quique Fraga era a figura do equipo?

Iso non é do todo certo jjj, Quique foi un bo xogador e un gran anotador, pero cando xogou conmigo xa estaba en declive, co cal eu era a estrea do equipo, supoño que él non estará moi dacordo pero foi así. Bromas aparte, hai que dicir que Quique foi un moi bo xogador.

Agora dúas dúbidas que che queremos consultar acerca da Leb. Gústache o actual formato da liga?

Penso que unha liga con 16 ou 18 equipos sería moito mais interesante, polo demais o formato está moi ben pero cun handicap moi grande que é o tema dos ascensos e descensos, o final sempre parece que non vai subir nin baixar ningún equipo, agardemos que este ano non pase o mesmo.

Prefires a primeira rolda de playoffs ao mellor de 3 ou a 5?

Eu prefiro o mellor de 5, sigo sen entender como certos equipos aprobaron a primeira rolda o mellor de 3.

Advertisements

About Vinicius

Breoganista de hélice. Baloncesto e ciclismo. Chairego, lucense, galego. HBO fan. Namorado da miña terra.

Posted on 6 Marzo 2014, in Entrevistas, Xeral. Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Baloncesto con P, de Palencia claro

todo por Palencia Baloncesto

@KIAenZona

Información sobre o Club Baloncesto Breogán S.A.D.

Blogoncesto

Información sobre o Club Baloncesto Breogán S.A.D.

ZonaOCB

Información sobre o Club Baloncesto Breogán S.A.D.