Algúns datos estatísticos da LEB ORO

Entramos na recta final da liga regular da LEB ORO polo que é un bo momento para revisar algúns datos estatísticos. Coma noutras ocasións imos tentar amosar datos pouco comúns e alternativos aos clásicos datos dos “box scores” que se usan frecuentemente.

stats

O dato máis clásico que se calcula fora dos “box scores” é a estatística +/- que avalía o “basket average” do equipo mentres un xogador está en pista. Así na liga LEB ORO os cinco xogadores máis destacados serían:

  1. Marc Blanch: +206
  2. Shaun Green: +200
  3. David Navarro: +164
  4. Jordi Trias: +163
  5. Schreiner: +152

Como se pode observar o “basket average” como equipo de Andorra fai que os seus xogadores máis usados teñan unha estatística moi favorable polo que pode que vista desta forma non sexa tan útil.

Como alternativa pódese usar unha estatística coñecida como +/- Neto que representa a diferenza da estatística +/- cando o xogadores está en pista e o +/-  do equipo cando o xogador non está na pista. Nese apartado o ránking da liga sería o seguinte:

  1. Devin Wright: +202 (71 – (-131))
  2. C. Nwogbo: +173 (69 – (-104))
  3. Pep Ortega:  +169 (136 – (-33))
  4. Tyrus McGee:  +167 (134 – (-33))
  5. Marc Blanch: +166 (206 – 40)
  6. M. Diouf: +161 (131 – (-30))
  7. Shaun Green: +154 (200 – 46)
  8. E. Gatell: +147 (65 – (-82))
  9. Eloy Almazán: +144 (42 –(102))
  10. G. Rejón: +140 (131 – (-9))

Inda así esta estatística tamén ten o seu sesgo e entre outros temas inflúe o tempo que está un xogador en pista, os compañeiros cos que xoga ou os rivais cos que coincide.

Para tentar non ter en conta o tempo que está en pista poderíamos calcular os puntos anotados ou recibidos polo equipo cada 100 posesións ca presenza dun determinado xogador en pista, pero unha vez máis atopámonos ca influencia do resto de xogadores do equipo. Así  no aspecto ofensivo os mellores xogadores serían:

  1. Marc Blanch +128,84 puntos/100 posesións
  2. Jordi Trías +120,19 puntos/100 posesións
  3. Schreiner +118,72 puntos/100 posesións
  4. Shaun Green +118,05 puntos/100 posesións
  5. Pablo Sánchez +116,39 puntos/100 posesións

Mentres que no plano defensivo serían:

  1. Xavier Forcada -91,88 puntos/100 posesións
  2. Guillermo Rejón -92,12 puntos/100 posesións
  3. N. Barbour -93,27 puntos/100 posesións
  4. M. Diouf -93,41 puntos/100 posesións
  5. Tyrus McGee -94,54 puntos/100 posesións

Como vemos os compañeiros de equipo teñen unha gran influencia nestas estatísticas, así que imos ver algúns datos sobre combinacións de xogadores. Imos analizar os quintetos máis utilizados por cada equipo e ver o balance no +/- que teñen por cada 100 posesións.

EQUIPO QUINTETO MÁIS USADO POS AT-DEF BALANCE 100 POS
Burgos Sabat, J. Xavier, Peña, Ortega, Coppenrath 103-114 +38,59
Palencia Forcada, Barbour, Feliu, Otegui, Rejón 170-177 +32,62
Oviedo Cárdenas,V. Perez,D. Sanchez,Van Wijk,J. García 91-98 +24,33
Melilla Riera, Brothers, S. Pino, H. Manzano, D. Wright 88-82 +18,18
Breogán Dani Ro, McGee, Palsson, Diouf, Schaftenaar 254-256 +18,07
B. Coruña Angel H, C. Castro, Hanpaa, Cain, Cabanas 132-130 +16,76
Lleida Llorente, Llorca, Matuilionis, Vinson, Arteaga 117-110 +15,44
Andorra Schreiner, Navarro, Zengo, Green, Trías 140-138 +10,70
Navarra C. Diaz, Durchev, Bonhome, Mesa, Navajas 92-90 +1,09
Clinicas A. Diaz, Conde, Todorovic, R. Guillen, Nguirane 105-104 -0,12
Huesca Costa, Romero, Grigonis, Oriola, Washburn 98-95 -10,88
COB Rivero, Huertas, E. Martínez, Kale, Morentín 118-114 -16,34
FCB Hakanson, M. García, Paulí, Spires, Sulejmanovic 41-44 -18,18
Clavijo M. Uriz, A. Hall, Galarreta, Nwogbo, Coego 81-77 -18,57

Aquí o principal problema á hora de analizar é que hai poucos datos para que os resultados podan considerarse relevantes. De feito máis que o balance por cada 100 posesións resulta case tan interesante ver cantas posesións disputa o quinteto máis utilizado. Mentres o promedio dos equipos da liga é que o quinteto máis usado dispute un 8,14% das posesións do equipo, no caso do Breogán o quinteto máis utilizado disputa o 17,13% das posesións. Este dato é incluso máis chamativo se temos en conta o primeiro e segundo quinteto máis utilizado de cada equipo. Neste caso a media dos equipos da liga é do 14,72%, pero o Breogán disputa o 30,70% con seus dous quintetos máis usados. O contrapunto ao Breogán sería o FCB con unha gran variedade de quintetos moito máis repartidos.

Se temos en conta máis combinacións de distintos números de xogadores vemos que, inda que Andorra non tiña unha estatística moi relevante co seu quinteto máis usado, si que destaca cando combina a Marc Blanch con Shaun Green, Jordi Trías ou Navarro, quedando as mellores combinacións do resto de equipos por detrás.

Para poder facer unha análise individual dos xogadores con datos de +/- por posesión que tentase liberarse do sesgo dos compañeiros e rivais habería que realizar algún tipo de cálculo matemático avanzado como regresións lineais, pero neste caso o problema que nos imos atopar e que o número de mostras (posesións) cos que traballamos é moi baixo en comparación con número de xogadores da liga, o que resulta nun erro bastante alto. Para este tipo de cálculos farían falta un número de partidos e posesións similares aos  da NBA.

Nota: Estes datos están obtidos a partir do “Xogada a Xogada” da páxina baloncestoenvivo da FEB. Por algún problema, hai algún partido puntual que non está ou está incompleto, o que pode desvirtuar os datos.

Nota 2: Os xogadores con presenza residual que non chegaban a un mínimo de minutos ou posesións foron descartados á hora de facer as clasificacións individuais que se amosan.

Advertisements

Posted on 5 Marzo 2014, in Outros. Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Baloncesto con P, de Palencia claro

todo por Palencia Baloncesto

@KIAenZona

Información sobre o Club Baloncesto Breogán S.A.D.

Blogoncesto

Información sobre o Club Baloncesto Breogán S.A.D.

ZonaOCB

Información sobre o Club Baloncesto Breogán S.A.D.