Schaftenaar mantén ó Breo na cabeza da LEB

Breogán Ribeira Sacra 77: Dani Rodríguez (7), Tyrus McGee (17), Palsson (1), Schaftenaar (18), Diouf (14) –cinco inicial– Adrián Laso (6), Álex López (10), Pablo Almazán (2), Adrián Chapela (2) e Bortolussi (0).
CB Clavijo 71: Joan Tomas (3), Coego (4), Joseph Otto (7), Mikel Uriz (4), Nwogbo (9) –cinco inicial– Ruiz de Galarreta (8), Laszlo Gabor (9), Arévalo (3), Hall (18) e Ante Gospic (6).
Parciais: 19-19; 21-22; 25-10; 12-20.

Nesta semana en Lugo había máis expectación por ver que ocorría co peche do mercado (que rematou sen novidades) que no propio encontro ante Cocinas.com. Un equipo cun plantel moi longo e que presenta un gran talento ofensivo así como unha clara mellora na parcela defensiva, o que facía presaxiar un encontro duro para os homes de Lisardo Gómez, quen presenta un equipo máis curto de efectivos. Por se fora pouco, Palencia, Burgos e Oviedo obrigaban ao Breogán a gañar para manterse entre os primeiros postos.

O  primeiro cuarto marchou moi igualado e ningún dos dous equipos conseguía escaparse moito máis dunha canastra no electrónico. Os de Sala estaban ben mandados por Uriz mentres Schaftenaar comezaba a impoñer a súa lei. O cuarto finalizaría como non podía ser doutro xeito con empate a 19.

O guión sería semellante nos primeiros minutos do segundo cuarto, con algunha acción espectacular (mate de Diouf mediante) e onde dúas triplas consecutivas de Hall poñían ao equipo rioxano ata sete puntos por riba. Tres canastras consecutivas de McGeeachegaban ao Breogán, a última cun gran mate. Finalizaría o cuarto con 40-41 para os visitantes.

O terceiro foi clave para o devir do encontro. O período tamén comezou con tripla de Hall, pero logo igualaría Diouf, e incluso se acadaría un parcial de 10-0 que abría distancia para o Breogán. De aquí ao final, os de Lisardo foron unha muralla que so permitiu a Cocinas.com anotar dende o tiro libre, mentres eles seguían ampliando vantaxes ata os 14 puntos do final de cuarto: 65-51.

No derradeiro tempo, semellaba fácil manter o triunfo a salvo, pero nada máis lonxe da realidade. Os de Sala seguiron pelexando ata o final e poríanse a oito puntos a falta de cinco minutos. Unha providencial tripla de Álex López rompía co seu soño. Ata o final, o xigantón Dobos sería o que os mantería no partido, e de ter acertado con algunha das triplas finais o rumbo puidera ser outro. Ao final, 77-71 e berros a prol dun Lisardo moi querido na bancada.

Indudablemente o mellor do Breogán foi o holandés Schaftenaar, con 18 puntos e 12 rebotes para un total de 37 de valoración que ben vale un MVP (compartido iso si con Blanch) e unha grande defensa, o único que freou ben a Dobos. Estivo ben secundado por Dani Rodríguez e McGee. Por parte visitante, fixo dano por momentos Dobos, Hall dende a liña de tres e un intenso Nwogbo.

A vindeira semana os lucenses repiten encontro na casa ante un Navarra que ocupa as últimas posicións da táboa na LEB Oro.

Advertisements

About Vinicius

Breoganista de hélice. Baloncesto e ciclismo. Chairego, lucense, galego. HBO fan. Namorado da miña terra.

Posted on 2 Marzo 2014, in Encontros. Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Baloncesto con P, de Palencia claro

todo por Palencia Baloncesto

@KIAenZona

Información sobre o Club Baloncesto Breogán S.A.D.

Blogoncesto

Información sobre o Club Baloncesto Breogán S.A.D.

ZonaOCB

Información sobre o Club Baloncesto Breogán S.A.D.

%d bloggers like this: