Así ven o Cocinas.com

Chega a Lugo o equipo de Jesús Sala na loita por a séptima praza con Peñas Huesca e un Clínicas que a piques estivo de darlle un disgusto ao todopoderoso Andorra.

clavijo

O equipo rioxano presenta unha das máis grandes rotacións da liga fronte a do cadro celeste que é un dos que menos descanso da aos seus titulares. Un equipo ao que podemos definir como netamente ofensivo(3º ataque da liga tras Andorra e Oviedo) e que por se fora pouco medrou moito dende o comezo da liga en facetas defensivas.

Namentras, o Breogán chega na pelexa polo segundo/terceiro posto, con dúas victorias seguidas e querendo prorrogar a súa boa xeira nesta parte final da liga. A incógnita será se os de Lisardo manterán o bo nivel defensivo e conseguirán parar a batería exterior dos de Sala.

Non presenta moita variación no seu plantel Cocinas.com respecto a primeira volta.

No posto de base, un coñecido en Lugo, Mikel Uriz, sempre nomeado entre os bases de primeiro nivel da categoría e a quen Lisardo considera “culpable” da nosa derrota en Logroño. Complementa a este Borja Arévalo, o outro canteirán que hai na liga (filiais aparte) ademáis de Adrián Chapela e Charles Nkaloulou. Perderon nesta posición a Álvaro Lobo que regresou a Fuenlabrada, pero o seu substituto é un Ben Congiusta que todavía non acumula nin cinco minutos no que vai de liga.

Na liña exterior, Alex Hall que se erixe en máximo anotador dos de Sala (xunto a Coego), Alfredo Ott como relevo de primeiro nivel e que vai gañando enteiros co paso da competición, o ex de Sarria Ruiz de Galarreta. A toda esta artillería hai que sumar ao sempre cumplidor  Joan Tomás, un deses 3 que a todo adestrador lle gusta.

E se a liña exterior da medo, por dentro non se quedan curtos. Zimmy Nwogbo, quen puido ser xogador do Breogán por moi pouco diñeiro, estase impoñendo como o xogador máis determinante do Clavijo (líder no USG e xogador co que máis mellor en pista este equipo). Sen dúbida un gran acerto, arriscado, pero gran acerto, e que presenta un plus de espectacularidade. O MVP do equipo é outro xogador interior, todo un coñecedor da categoría como José Manuel Coego, e tamén máximo reboteador. Completan o rocoso Ante Gospic, Daniel Martí e un Laszlo Dobos que con 2.19 de estatura posiblemente sexa o teito da liga e que a piques estivo de ser xogador do Estudiantes de Lugo se non fose por unha doenza que se lle detectou no seu corazón.

De novo estamos ante un partido trampa no que os de Lisardo terán que empregarse a fondo se queren impoñerse a un mellorado Clavijo e que xa nos tumbou na ida. Sería clave o triunfo para non deixar ir aos primeiros.

Advertisements

About Vinicius

Breoganista de hélice. Baloncesto e ciclismo. Chairego, lucense, galego. HBO fan. Namorado da miña terra.

Posted on 28 Febreiro 2014, in Encontros. Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Baloncesto con P, de Palencia claro

todo por Palencia Baloncesto

@KIAenZona

Información sobre o Club Baloncesto Breogán S.A.D.

Blogoncesto

Información sobre o Club Baloncesto Breogán S.A.D.

ZonaOCB

Información sobre o Club Baloncesto Breogán S.A.D.