Proposta de debate: o futuro do Breogán

Cando naceu este blog dixemos que pretendiamos cubrir o oco informativo que había a algúns niveis. A nosa intención segue sendo esa, pero hoxe queremos comezar un gran debate entre a sociedade breoganista acerca do que é o futuro. Por iso, o usuario que escribe este texto pasará a dar a súa opinión, acertada ou errada, do que considera que debería pasar. E o que máis valorariamos serían as réplicas a este e ver cara a onde deberiamos camiñar.

breoganismoenloita

A situación actual é moi preocupante. O club está en venta, moitas accións en autocarteira pero outras moitas que aínda descoñecemos quen mercou. E as que quedan por vender. Falase de “o proxecto” como alternativa, pero tal e como van os prazos pode que chegue tarde, e iso se chega xa que non semella fácil que chegue a bo porto, a predisposición non parece a mellor. Iso si, o que me contan do proxecto, a priori, sona ben. Mentres se van despexando as incógnitas e se voltean as cartas, hai temas nos que ir preocupándose.

Estamos en pleno mes de febreiro e resta pouco para que remate a competición. Momento de pensar no futuro e facer repaso de erros e acertos. A maioría están con Lisardo e os xogadores, e quérese a súa renovación, sempre que sexa en termos razonables. Non sabemos se se está traballando en elo.

Vimos de pasar uns anos nos que a afección non se enganchaba de todo ao equipo. Neste curso hai unha implicación máxima que conseguiu espertar o verdadeiro sentimento e valores do breoganista: a loita, a constancia, o aquí estamos nós. O traballo do corpo técnico e os xogadores é irreprochable. Co cambio que houbo recentemente, todo isto parece esfumarse: os que o fixeron posible están fora de xogo.

Dependemos de novo da secretaría técnica, que segundo comentan asume de novo gran poder de decisión, o que incluiría a contratación de xogadores. É previsible que se regrese, por tanto, á anterior liña de traballo. Cos seus acertos, que os houbo, e cos seus erros, que tamén. Recentemente sinalouse (de xeito extraoficial) unha forte vinculación con Estudiantes de Lugo. E tamén as súas responsabilidades na confección do plantel deste ano, que pasaron por a incorporación de Chapela, Bortolussi e Charles. Por certo, as verbas da despedida de Pepe Rodríguez están aí. Ata a recente saída dos conselleiros non políticos, estaba pactada a saída de Charles (que agora se parou) e buscábase acomodo para Bortolussi. As fichaxes de Palsson e Laso pasaban por estas saídas para cadrar presupostos. Agora parouse todo. Porqué?

Imos deternos por un momento nestas tres figuras. E vaia por diante: os xogadores non teñen culpa ningunha. Non dubidamos do seu traballo e compromiso, pero isto é deporte profesional e o que mandan son os resultados. Os equipos de formación están para formar e os profesionais para competir. E non ao revés. Compre matizar isto.

Adrián Chapela é unha das grandes promesas de Lugo. Todos entendemos e vemos bo a súa incorporación dende o Estudiantes. Os sabios disto din que é un xogador tacticamente privilexiado. Deu mostras de calidade. Pero ao mesmo tempo, considero que non se lle debe cargar a presión de ser un segundo base dun equipo no que ese posto, o de base, sempre está mirado con lupa. Se lle pasara algo a Dani (oxalá que non), en que situación nos deixa isto? Dito isto coido que nestes encontros vindeiros terá que xogar e seguir mellorando, pero paso a paso e sen presións.

O caso Bortolussi é un dos que máis da que falar. Recalcamos: o xogador non ten culpa. A súa renovación prodúcese nunhas condicións que están lonxe do mercado actual. Un salario moi alto dentro do equipo para un xogador, que por circunstancias en forma de lesión está xogando máis do que sería o habitual, e que está aportando pouco. Un dos criterios polos que se lle renovaría sería a súa proxección ACB. Non se adoita nesta liga a facer contratos de máis alá de un ano, polo que tampouco acabamos de entendelo, cando é un xogador xa coñecido cas súas virtudes e as súas limitacións. Neste verán foi ofrecido a varios equipos de Ouro e Prata (facéndose o Breo cargo de parte do seu contrato). Ningún o quixo.

Seguindo con este caso, o noso compañeiro Grobas leva dende comezo de tempada, en colaboración con Javier Gómez facendo traballos estatísticos do Breogán e os seus contrincantes. Estatísticas que por suposto están a disposición do club. A valoración acumulada do xogador é 5 cunha media de pouco máis de 7 minutos. Algo chamativo é a estatística do USG  (ven sendo  o % de xogadas que un xogador se xoga). Se alguén quere que se explique en que se basea este cálculo podemosllo indicar por aquí. Neste senso manifesta Grobas:

“Así no Breo o tema está bastante repartido, por riba por riba do valor medio os xogadores que máis accións se xogan serían: McGee 20,53; DaniRo 20,27; Borto 18,99; Diouf 18,80; Schaftenaar 17,86; Laso 17,43. Por debaixo da media, de menos a máis, estarían Almazan 11,14; Chapela 12,73;Palsson 14,79; AlexLo 16,70. Pero unha vez máis gustaríame recalcar que o importante non é o valor exacto, senón o valor en relación ao resto de xogadores ou da media.

No caso de Borto vemos que, ademáis de ter unha valoración bastante baixa a calquer nivel que observemos: valoración LEB, PER (-0,08 cando a media da liga é de 15,00), +/- (-9), pois parécem que ten un USG moi alto para o pouco que aporta. Asume moita finalización de xogada sen ser realmente resolutivo.”

Pasemos a falar de Charles. Posiblemente o grande proxecto do equipo vinculado dos últimos anos. O axente tolo por que entre no draft. Toques porque non xoga incluídos. Un físico para un 3 moi bo, e unha gran man, que arrasou na liga EBA. No momento en que chega a Leb Ouro, a nada: minutos residuais. Non se conta apenas con el. Moitos pregúntanse o porqué. Pois que o xogador está perdidísimo no xogo e cústalle un mundo. Boa proba son os adestramentos de pretempada. Indican de novo os que saben de isto, que se limitaron a xogar para el, para que fixese bos números, con sistemas libres e defensas nas que non se apreciasen as súas carencias e permitisen engordar as súas estatísticas. O resultado é que o xogador non conta.

Isto fai que nos cuestionemos outra cousa. O asunto das canteira. A fricción con Estudiantes non é nada novo. Aproveito para enlazar o artigo que deixaba Carlos Melchor na Voz de Galicia: http://www.lavozdegalicia.es/noticia/cdlugo/2014/02/04/cantera/0003_201402L4P42994.htm

Debatese moito sobre se a vinculación é boa ou mala. Habería que retomar o tema e ver se de verdade interesa.

Pero sobre a formación, hai tamén tela que cortar. Gustaríame que no posterior debate alguén confirme ou desminta cousas como esta que me chegan. Un non pode evitar alporizarse cando o outro día recibe un aviso de espectadores no partido do Estudiantes EBA: “Están poniendo a Gago de 3”. Xunto con Sergi Quintela, un dos xogadores máis prometedores do básquet lucense que ten o EBA, por razóns físicas enténdese que debería xogar de base todos os minutos. Porque volvemos  a labor é de formación ou de competición? E eu non son adestrador, falo dende o que parece lóxico.

Retomo as palabras de Javier Gómez neste medio:

Para min a canteira non é a solución para pasar estes anos. O traballo feito, e ben feito, pode dar uns bos resultados circunstanciais. Pero non é unha panacea. Se o fose, a ACB, a LEB e as demais ligas europeas estarían cheas de proxectos de canteira, e iso non sucede. Para que a canteira fose unha solución, sería necesario que se producisen xogadores a nivel dun Joventut en canto a cantidade. E ademais, da calidade xusta: nin moi bos coma para que durasen aquí catro días ni tan malos coma que o Breo acabe na Prata ou categoría similar. Porque o Breo é un equipo con canteira pero non de canteira. Os Varela Portas fundaron un equipo e en catro anos acadou a Primeira División (aínda sen consumar aquel ascenso, por demasiado precipitado), temos 22 temporadas na máxima categoría e nunca ninguén, a masa social incluída, pensou nun Breogán que se dedicase a dar pulos aos xogadores no canto de gañar partidos. Como obxectivo primario. Temos unha forma de ser, unha cultura e hai que respectala, porque son case que cincuenta anos. E se alguén a quere cambiar, que diga como facelo e que penitencia ten.

En Lugo pacen vacas, non unicornios. Gústanos pensar que somos especiais, pero non somos tanto. O baloncesto ten moita máis implantación ca noutras cidades pero iso só é un punto de partida. Polo demais, non cumprimos os criterios xenéticos, demográficos e estruturais para vivir da canteira. En canto aos culturais, andamos moi ben, pero Lugo non é Belgrado. E en canto os económicos, a boa canteira non é tan barata como adoito se cre. E menos nun deporte no que os traspasos non son millonarios e, de feito, son moi pouco frecuentes. Por último, o peso da historia para os xogadores locais sempre vai a ser un factor a ter en conta. Eu aficioneime ao Breogán e ao baloncesto nos 80 pero creo que tendemos en Lugo a idealizar esa época illándoa completamente do contexto social, económico e deportivo (sobre todo deportivo) no que sucedeu.

Compre lembrar que non falamos da labor social da canteira, se non da de formación. Eu teño unha posición intermedia, nin debemos nutrirnos basicamente da canteira (o famoso 7+5), nin debemos obviala. A canteira ten que ser un complemento do que poidas tirar se é necesario, como neste caso.

Con todo isto, xúrdenme unha serie de preguntas que me fago, e de paso vos fago. Valorarei especialemnte que quen pense diferente a min aporte para poder ver outros puntos de vista.

1. Estase analizando os erros do equipo e traballando cara a próxima tempada (renovacións do técnico, xogadores)? Quén debería levar ese peso?

2. Debemos manter a vinculación co Estudiantes? A visión dos traballadores do Estudiantes sobre o Breogán é positiva?

3. A labor de formación dos xogadores que se pretende que dean o salto a profesionais no Estudiantes é adecuada?

4 A secretaría técnica traballa a prol do mellor para o Breogán? Avalía obxectivamente aos xogadores que pretende incorporar do Estudiantes ou pretende dárselle algunha promoción?

Advertisements

About Vinicius

Breoganista de hélice. Baloncesto e ciclismo. Chairego, lucense, galego. HBO fan. Namorado da miña terra.

Posted on 5 Febreiro 2014, in Xeral and tagged , . Bookmark the permalink. 1 comentario.

  1. Hola.
    Estoy prácticamente de acuerdo en todo contigo. Así que mi aportación en el debate puede ser nula o escasa.
    Solo decir unas cosillas, en cuanto a la cantera, creo que es un tema del que podemos estar hablando largas horas. Creo que la cantera es muy importante/fundamental para cualquier equipo, creo que hay que cuidarla y tratarla bien, pero ojo con esto, es decir, que no todos los canteranos, por narices, tienen que subir o aportar cosas al primer equipo. Estoy de acuerdo contigo, en que NO podemos nutrirnos básicamente de ella, pero que tampoco debemos obviarla. Creo que los jugadores de la cantera, están para ser formados y que cuando puedan dar el salto al primer equipo, estén preparados física, técnica y mentalmente para ello. En relación con esto, nos encontramos con el caso Chapela. A mi este chaval me gusta (técnicamente), pero creo que se han precipitado con su incorporación a la primera plantilla. Bajo mi humilde opinión creo que debería haber sido un tercer base, entrando en algún partido que otro. Me imagino que su entrada se debe a temas económicos, pero no lo veo física y mentalmente preparado aún. No así técnicamente, que lo veo muy bien (sin pasarse, claro). Con el caso Charles, la verdad es que no entiendo nada. Por estar fuera de Lugo, no sigo nada al Estudiantes, pero creía (sobre todo por lo leído en twitter, prensa, etc), que este chaval sí estaba preparado para dar el salto, por favor corregirme sino es así.
    Por otro lado, no entiendo por qué no podemos copiar/hacer lo que hacen otros equipos con la gestión de su cantera, el Fuenla, por ejemplo.
    Un saludo.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Baloncesto con P, de Palencia claro

todo por Palencia Baloncesto

@KIAenZona

Información sobre o Club Baloncesto Breogán S.A.D.

Blogoncesto

Información sobre o Club Baloncesto Breogán S.A.D.

ZonaOCB

Información sobre o Club Baloncesto Breogán S.A.D.