Luis Castro: non estamos parados

Vimos de falar con Luis Castro, o home que encabeza un proxecto interesado no C.B.Breogán. Moitas miradas están postas neste proxecto do que pouco coñecemos máis alá do seu interese en mercar o gran paquete de accións. Por iso era obrigado preguntarlle á cabeza visible, e tentar obter algunha resposta. Velaquí as súas verbas:

Luis Castro

Boa noite. Antes de nada, tes algún indicio de quen mercou ás accións nesta primeira poxa, a parte do club?

Non sei quen comprou, sei a porcentaxe coma todos. O que si, hai moitos rumores pero nada confirmado.

Dicías recentemente que ao final o proxecto do que es interlocutor pode, por tanto, seguir adiante.

É  posible seguir, grazas a tan so un 2%, se non a cousa complicábase.

Qué nos podes desvelar sobre o proxecto?

O que se pode dicir xa está dito. O Breogán pasaría a ser unha empresa que sería autosuficiente, xeraría certo diñeiro. E non quere dicir que poidamos renunciar á subvención. Moi posiblemente, por os cálculos feitos en outras provincias, para Leb daría folgadamente. Estase vendo tamén a posibilidade de patrocinio ou co-patrocinio,  non se pode renunciar ao actual de Ribeira Sacra. Salvo que o consello de administración se negue ao co-patrocinio, algo que non acabaría de entender moi ben.

Pero a día de hoxe non se dan as circunstancias para que o proxecto sexa viable. Si no sentido de que o club segue sendo gobernable e que hai accións suficientes dispoñibles para levalo a cabo.

E falando disto, hai xente que botaba en cara que nos dixeramos que non se fora á compra primeiro e logo que o que quixera comprar puidera. É certo: quen quixera tivo a súa oportunidade, pero o que non comprou fixo ben. O meu consello é que os que queiran ser accionistas se agrupen para ter controlado o accionariado. Na miña época tiñamos controladas accións suficientes para 3-4 conselleiros, co cal era fácil ter quórum e  formar un consello.

Existen contactos ca Deputación para compra de accións?

Non, as cousas teñen que seguir unha orde. O proxecto xa está no papel e as dúas vías que conforman o proxecto temos que xuntarnos e concretar o proxecto común para logo falar co consello de administración do Breogán.

A este respecto, algunha intuición ou presaxio de que vai facer cas accións a Deputación?

A venta é directa, por tanto se non a este proxecto, deberían facelo a alguén que teña un proxecto. Se é outro accionista maioritario, pode que si, pero se non será complicado. Nos temos detrás aos accionistas maioritarios.

Cando quereriades entrar?

Non é imprescindible que o levemos a cabo nos mesmos, pode ata levalo o actual consello se o teñen a ben. Trátase de arranxar a situación actual. As nosas propias ocupacións ralentizan este proceso. Nos asesoraremos ou participaremos, o que eles decidan. Repito, queremos darlle solución ao problema ao que se enfronta o Breogán.

Sería importante coñecer cando se produciría o cambio, de cara a traballar para o ano que ven…

Entre quen entre, en abril ou maio hai decisións que deberían estar asentados. Os prazos hai que ir facéndoos.

Como se enfocaría o tema deportivo?

Responder a iso sería poñer antes os carros antes que os bois. Eu, en todo caso e como moito, axudarei e aportarei  ideas.

Retomando o tema de patrocinio, concretouse ese patrocinador?

Non, estanse dando pasos en todos os sentidos. Entre outras cousas habería que falar co consello de administración. Ou pode que ao final o proxecto ao posible patrocinador non lle guste. Que de entrada si o fai.

Existe algún contacto ou vinculación con Lence?

Ben, Lence é o accionista maioritario entre os particulares. Por tanto si contactamos con el. É unha das opinión máis importantes. Pasa o mesmo que cas accións da Deputación: son imprescindibles para que o club sexa viable. Cando menos el non pode estar desconforme para que o proxecto vaia adiante. Lembra que ten un 8%, é un home moi importante para elo. O que si che digo é que estamos todos de acordo co proxecto.

Queres transmitir algo a unha afección preocupada e que quere saber do proxecto?

O que quero transmitir é que imos lentos pero que non estamos parados. Hai que cumprir prazos e dar os pasos pouco a pouco. Pero tampouco hai moito movemento en xeral. E coido que para o equipo tampouco é malo.

Advertisements

About Vinicius

Breoganista de hélice. Baloncesto e ciclismo. Chairego, lucense, galego. HBO fan. Namorado da miña terra.

Posted on 4 Febreiro 2014, in Xeral. Bookmark the permalink. 2 Comentarios.

  1. Es cosa mía o creo que no dice nada nuevo, bueno que entre abril y mayo sabremos algo más. Lo único que me da confianza es que sí han accedido a una entrevista con vosotros, que sois la voz de todo el breogabismo, es que seguro que hay un proyecto serio detrás

    • Ola. Pois non teño claro que vaiamos a saber nada en breve. Non dudo de que o proxecto sexa serio, pero pasa porque haxa vontade por parte da Deputación.

      Gracias por o eloxio, por certo, pero a voz do breoganismo sodes todos vós.

      Apertas

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Baloncesto con P, de Palencia claro

todo por Palencia Baloncesto

@KIAenZona

Información sobre o Club Baloncesto Breogán S.A.D.

Blogoncesto

Información sobre o Club Baloncesto Breogán S.A.D.

ZonaOCB

Información sobre o Club Baloncesto Breogán S.A.D.