Análise Basquet Coruña

Leyma Natura Basquet Coruña vs Breogán Ribeira Sacra (Palacio de Riazor, sábado 19:00 h).

Breogán: 3º (11-4), +1.

Coruña: 4º (10-5), -1.

 

Decimosexta xornada da LEB Ouro e derbi galego na cidade herculina no que será un partido chave nas aspiracións do conxunto celeste.

O Breogán, que vén de gañar ó Barcelona B no Pazo Universitario nun partido máis igualado do previsto, viaxará a Coruña co obxectivo de acadar unha vitoria que reforce aínda máis a moral dun conxunto que comeza un tramo de liga especialmente duro e que dirimirá o futuro dos lucenses de cara ó ascenso directo de categoría, situandoos como máximos candidatos á primeira praza ou afastandoos da mesma.

O equipo de Lisardo Gómez contará co apoio da fiel parroquia celeste, no que se presume como o maior desprazamento da marea celeste no que vai de tempada. Espéranse máis de 300 lucenses en Riazor.

O equipo de Tito Díaz, único capaz de gañar en Lugo no que vai de tempada (60-63), está formado por:

 

Bases:

Ángel Hernández: repite no conxunto herculino este xove base que vai medrando ano a ano no seu xogo. Correcto director, físico, presenta unha boa man dende a liña de 3. En pouco máis de 22 minutos, 4,6 puntos, 3,8 rebotes e 1,8 asistencias para 6,1 de valoración. 48% en triplas.

Óscar Herrero: logo dun ano en Prata, regresa a Ouro da man de Coruña. Discreto numericamente, esperábase este ano máis del. Moi rápido e bo tirador. En 18 minutos, 3,7 puntos, 1,9 rebotes e 1,1 asistencias para 3,7 de valoración. 40,5% en triplas.

Aleiros:

Jesús Castro (MVP): escolta moi experimentado na categoría. Referente exterior do conxunto de Tito Díaz. Será dúbida ata o último momento por lesión. Intenso en defensa, decente tirador e bo penetrador. En case 30 minutos en pista, 14,6 puntos, 3,6 rebotes e 2,9 asistencias por partido para 15,6 de valoración cun 33% en tiros de 3.

Sean Ogirri: o escolta dominicano chegaría a Coruña logo de dous anos en Lugo. Moi bo manexo de balón, gran técnica individual e moi bo tirador de 3 puntos se entra en racha e nos momentos quentes de partido. Capaz do mellor e do peor, parece que está a atopar certa regularidade no conxunto herculino. En case 26 minutos, 12,5 puntos, 2 rebotes e 1,1 asistencias para 9,2 de valoración. 40,7% en triplas.

Carlos Noguerol: este canteirán só disputou 4 partidos no que vai de tempada. Bo sabor de boca nos poucos minutos de que dispón. En 9 minutos de media, 3 puntos e 2 rebotes.

Samuel Haampa: aleiro alto internacional con Finlandia, logo dunha chegada tardía a Coruña, vai atopando o seu lugar co paso das xornadas. Bo tiro exterior. En 24 minutos, 5,7 puntos e 2,8 rebotes. Importante nos esquemas de Tito Díaz a pesar da pouca presenza numérica.

Pívots:

Javi Lucas: “4” aberto que repite en Coruña e que está a dar un moi bo rendimento. Físico e con boa man, en tan so 15 minutos promedia 6 puntos e 4,2 rebotes para 10,1 de valoración.

Omondi Amoke: xogador xusto de centímetros para a posición pero moi intenso entrando a canastra e en accións defensivas. Xoga de cara ó aro e gusta de finalizar con mate. En 18 minutos, 7 puntos e 5 rebotes para 7,3 de valoración.

Mario Cabanas: interior moi rocoso e duro en defensa. Coñecedor da categoría, intenso e atento ó rebote. En pouco máis de 23 minutos, 8,3 puntos e 5,1 rebotes para 10,8 de valoración.

Jason Cain: un dos referentes interiores do Leyma Coruña e unha das sorpresas agradables na categoría. Xogador moi intimidador e potente. Boa técnica e decente tiro a media distancia e preto do aro. En pouco máis de 23 minutos, 10,8 puntos e 6 rebotes para 10,6 de valoración.

 

Rankings Individuais Liga en Top 10:

Anotación: Jesús Castro (4º)

Recuperacións: Jesús Castro (4º)

Tapóns a favor: Javi Lucas (6º)

Mates: Omondi Amoke (7º)

Faltas recibidas: Jesús Castro (2º)

Valoración: Jesús Castro (7º)

 

Atención a:

Dureza dun boloque sólido: O Leyma Coruña é conxunto, como xa demostrou en Lugo, moi sólido e difícil de atacar. Un equipo no que destaca o conxunto fronte as individualidades.

Jesús Castro: o xogador referente do conxunto coruñés será dúbida ata o último momento por lesión. Unha baixa moi importante nun conxunto non excesivamente longo.

Marea celeste: Máis de 300 seareiros lucenses se darán cita en Riazor para acompañar ao conxunto breoganista. Ademais, dous dos novos conselleiros viaxaran no autocar do equipo en representación da entidade celeste.

Advertisements

Posted on 17 Xaneiro 2014, in Encontros. Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Baloncesto con P, de Palencia claro

todo por Palencia Baloncesto

@KIAenZona

Información sobre o Club Baloncesto Breogán S.A.D.

Blogoncesto

Información sobre o Club Baloncesto Breogán S.A.D.

ZonaOCB

Información sobre o Club Baloncesto Breogán S.A.D.