Análise F.C.Barcelona

C.B. Breogán Ribeira Sacra vs F.C. Barcelona (Pazo dos Deportes – Sábado 19:15h)

Breogán: 5º (10-4), -1.

FCB: 14º (2-11), -5.

 

Primeiro partido como local para o Breogán na segunda volta da LEB Ouro, na que será a 15ª xornada de liga e que achegará a Lugo ao filial blaugrana.

Os homes de Lisardo Gómez veñen dunha dolorosa derrota na difícil cancha de Pumarín ante un dos equipos revelación deste ano, o Unión Financiera Oviedo.

A priori, o partido deste sábado preséntase como a oportunidade idónea para que o conxunto celeste consiga unha nova vitoria que permita esquecer o gris encontro da pasada xornada en Oviedo, ante un conxunto que ata o momento so conseguiu dúas vitorias en 13 xornadas (disputaron un partido menos que o Breogán).

A pesar da traxectoria do conxunto catalán, o conxunto breoganista debe evitar calquer tipo de relaxación ante un equipo cheo de xóvenes promesas cargadas de gran talento individual.

O conxunto que dirixe Aleix Durán está formado por:

Bases:

Josep Pérez: base moi rápido e que repite no conxunto catalán en Ouro. Moi bo tirador exterior. Case 20 minutos en pista para 7 puntos, 2 rebotes e 1,5 asistencias cun 41,7% en triplas.

L. Hakanson: base-escolta sueco de gran talento individual. Disputa uns 24 minutos por partido anotando 8,5 puntos e repartindo un total de 2,5 asistencias de media.

Aleiros:

Ferran Laviña: experimentado escolta con moitos anos na ACB (maioritariamente en Manresa). Aporta a veteranía necesaria a un conxunto moi xoven. 17 minutos en pista para 2,7 puntos e 2 rebotes.

Oriol Paulí: unha das referencias exteriores do conxunto blaugrana. Moi físico e reboteador, este escolta promedia algo máis de 24 minutos de media en pista para un total de 10,5 puntos e 4,7 rebotes.

Xavier Moix: moi pouco protagonismo para este xoven canteirán. 2,5 puntos e 1,2 rebotes en 8 minutos.

Marc García: este aleiro manresano está a dispoñer de bastantes minutos esta tempada no filial catalán. 23 minutos de media, 11,8 puntos e 2 rebotes. Boas porcentaxes dende a liña de 3 puntos (44%).

Adriá Cantenys: aleiro físico e con boa man. Pouco protagonismo ata o momento. 1,3 puntos en 7 minutos.

Pívots:

Alexander Zhigulín: catro aberto que repite en Ouro no filial blaugrana. Bo tiro exterior. Promedia algo máis de 15 minutos en pista 5,2 puntos e 1,7 rebotes.

N. Spires: tamén repite en Ouro no conxunto catalán este interior sueco.  En 20 minutos 6 puntos e 5,5 rebotes de media.

Papa Mbaye: xogador moi interior con minutos en ACB que aporta dureza e intimidación ao conxunto barcelonista. Xogador duro que disputa 23 minutos de media anotando 6,7 puntos e capturando 5,3 rebotes para 9,7 de valoración. Bo taponador.

Emir Sulejmanovic: outra das referencias interiores é este xoven finlandés. Moi bo reboteador, promedia 7,1 puntos e 7,2 rebotes en algo máis de 19 minutos en pista.

 

Rankings Individuais Liga en Top 10:

Rebotes: Emir Sulejmanovic (6º)

Pérdidas: Josep Pérez (5º), Hakanson (8º)

Tapóns a favor: Sulejmanovic (10º)

Tapóns en contra: Hakanson (6º), Paulí (7º)

Faltas cometidas: Spires (1º)

 

Atención a:

Experiencia celeste: a maior experiencia do conxunto breoganista debe impoñerse ante un conxunto moi xoven que ata o momento aínda non foi capaz de gañar a domicilio no que vai de liga.

Necesidade de vitoria: o conxunto celeste precisa desta vitoria para non descolgarse dos primeiros postos da clasificación.

Palco: será o primeiro partido no Pazo logo da dimisión dos conselleiros non políticos e tras unhas semanas moi movidas no ámbito institucional. Polo momento, Antón Veiga, Álvaro Santos e José Manuel Arias son os rectores celestes.

 

Advertisements

Posted on 9 Xaneiro 2014, in Encontros. Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Baloncesto con P, de Palencia claro

todo por Palencia Baloncesto

@KIAenZona

Información sobre o Club Baloncesto Breogán S.A.D.

Blogoncesto

Información sobre o Club Baloncesto Breogán S.A.D.

ZonaOCB

Información sobre o Club Baloncesto Breogán S.A.D.