Análise Unión Financiera Oviedo

C.B. Breogán vs Unión Financiera Baloncesto Oviedo (Pumarín, Sábado 19:30 horas).

Breogán: 3º (10-3), +4.

Oviedo: 4º (9-4), +3.

 

Comeza a segunda volta na Leb Ouro para un Breogán que chegará a Oviedo coa mellor xeira aberta da liga logo de gañar con claridade ao Clínicas Rincón. Unha primeira volta na que o conxunto celeste amosou unha gran imaxe e na que polo basket average xeral quedaría fora da Copa Príncipe a pesar de estar empatado a vitorias cos dous primeiros clasificados e de haber gañado os respectivos encontros contra eles.

Unión Financiera Oviedo está a ser un dos conxuntos revelación desta Leb Ouro, situado en cuarta posición cunha vitoria menos que os lucenses e sen coñecer ata o momento a derrota en propia cancha.

O que será un novo desprazamento en masa para a parroquia celeste, verase condicionado polo reducido aforo do Polideportivo de Pumarín (menos de 1000 localidades) o que fará que moitos lucenses se queden sen entrada ao agotarse en 10 minutos as 50 reservadas polo C.B. Breogán para os seareiros breoganistas e ante a única posibilidade de compra presencial en taquilla durante os días de hoxe e mañá, coa previsión de que o sábado antes do partido xa estean agotadas.

O conxunto que dirixe Guillermo Arenas está formado por:

 

Bases:

Fran Cárdenas: O que fora xogador de Ourense Baloncesto está a ser un dos bases revelación da Leb Ouro. Logo do paso por Prata, está ante o ano da súa confirmación en Ouro. En case 25 minutos en pista, 8,4 puntos, 3,2 rebotes e 4,6 asistencias para 12,3 de valoración. Moi bo tirador de 3 puntos.

Ferran Bassas: Formado nas categorías inferiores do Joventut de Badalona, este xove base debuta en Ouro logo de destacar en Prata. Xoga 16 minutos de media para 4,5 puntos, 2,4 rebotes e 2,8 asistencias cun 45% en triplas.

Aleiros:

Víctor Pérez: Veterán escolta con experiencia nas categorías LEB e que está a plasmar un gran ano en Oviedo. Repite no conxunto asturiano e é un dos seus referentes exteriores. En 26 minutos anota 13 puntos de media cunha porcentaxe 43% dende 6,75.

Agustín Prieto: Toda a vida en Oviedo. Este escolta aportará intensidade e unha decente rotación exterior ao conxunto de Guillermo Arenas. 3,3 puntos en 13 minutos con boas porcentaxes exteriores.

Diego Sánchez: Tamén repite en Oviedo este veterán xogador que dispón no seu currículo con varios anos en ACB e unha longa traxectoria en Ouro. Boa temporada en Oviedo, xogador importante nos momentos quentes de partido. Promedia 10 puntos e 3,5 rebotes en 21 minutos con case un 50% en triplas.

Álvaro Muñoz: Cedido por Fuenlabrada. Xogador cunha interesante proxección. Disputa 23 minutos de media anotando 9,5 puntos e capturando 3,3 rebotes. Decente tiro dende 6,75 a pesar de non estar acadando unhas boas porcentaxes nesta faceta.

Adrián Macía: Veterán xogador que aporta rotación ao conxunto asturiano. 3,8 puntos en 9 minutos.

Pívots:

D.J. Fitzgerald: Ala pívot estadounidense que está ante o seu primeiro ano na Leb Ouro. Catro aberto que promedia 7,5 puntos e 2,5 rebotes en 17 minutos cun 48% en triplas.

Juan José García (MVP): Un dos referentes interiores do conxunto ovetense e revelación na Liga. Procese da liga EBA. Moi móvil e intenso, en 24 minutos 10,9 puntos e 6,8 rebotes para 13,3 de valoración.

Hector Macía: Moitos anos en Oviedo xunto co seu irmán Adrián, este experimentado interior aportará descanso aos homes importantes. En 12 minutos, 2,3 puntos e 1,2 rebotes.

Brandon Garret: Rookie americano que non está a ter moito protagonismo. Decente rotación para un xogador intenso e potente que nos 12 minutos que promedia, anota 4,8 puntos e captura 2,8 rebotes.

Kevin Van Wijk: Interior holandés moi duro que en 23 minutos promedia 8,8 puntos e 4,5 rebotes para 10,2 de valoración.

 

Rankings Individuais Liga en Top 10:

Rebotes: Juanjo García (7º)

Asistencias: Fran Cárdenas (2º)

Tapóns a favor: Juanjo García (8º)

Mates: Juanjo García (4º)

Faltas cometidas: Kevin Van Wijk (6º), Juanjo García (10º)

 

Atención a:

Oviedo Baloncesto é un plantel moi longo e que realiza continuas rotacións. O conxunto celeste viaxará mermado coa posible baixa de Roeland Schaftenaar e os problema arrastrados por Adrián Chapela.

O conxunto asturiano non perdeu aínda na súa pista no que vai de Liga e foi capaz de sacar adiante varios partidos complicados con finais igualados, nunha cancha pequena onde a afición apreta moito.

O conxunto celeste atoparase en fronte un equipo moi perigoso dende a liña de 3 puntos. Mellorar na defensa exterior e ser capaces de parar o seu ritmo de xogo pode ser clave no encontro deste sábado.

Advertisements

Posted on 2 Xaneiro 2014, in Encontros. Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Baloncesto con P, de Palencia claro

todo por Palencia Baloncesto

@KIAenZona

Información sobre o Club Baloncesto Breogán S.A.D.

Blogoncesto

Información sobre o Club Baloncesto Breogán S.A.D.

ZonaOCB

Información sobre o Club Baloncesto Breogán S.A.D.