Novo comunicado de afeccionados

breoganismoenloita

Os acontecementos vividos hoxe falan por si solos. Poderiamos entrar a fondo no plano da representación da cidadanía que se fai no pleno da Deputación, pero xa está case todo dito sobre o tema. Estamos seguros de que todos leron as nosas opinións ao respecto porque poucos deixaron de mirar os seus teléfonos móbiles durante o pleno.

En primeiro lugar, ante a acusación de Antonio Veiga de que fomos manipulados na convocatoria de apoio ao Breogán (polo Partido Popular), queremos dicir que é algo totalmente falso. Esta iniciativa parte de un grupo de afeccionados como mostra de apoio ao club e en repulsa ante a falta de información que houbo na xunta de accionistas. Non temos cor política, a nosa cor é a celeste do Breogán. As vosas liortas políticas impórtannos ben pouco. Non somos quen de dicir quen dos alí presentes estaban por convicción e quen por intereses políticos, si sabemos que os había e é unha actitude que condenamos rotundamente. E así se lles fixo saber. Non queremos que ninguén faga política desto, aínda que nos obriguen a accións como a de hoxe que salpican á mesma, pero é a única forma de que teñan en conta ao afeccionado (e cidadán).

Tamén queremos manifestar que a moción para a paralización do proceso de venda foi levada dun xeito bastante pobre hoxe, o que denota o descoñecemento sobre esta cuestión. Se ben esa non era a nosa guerra. A nosa pretensión era que se estuden vías alternativas que aseguren que o club quede en Lugo, non nos fiamos da asesoría xurídica da Deputación despois de todos os bandazos que levan dado. Hai xente que quere ser escoitada e que ofrece vías de saída da Deputación que non son lesivas para o club, algo que agradeceremos se produza rapidamente. Hoxe díxose que esta xente ía ser escoitada, o cal agradecemos ao señor Besteiro, agardando que se produza en breve.

Aos que na xunta de accionistas tiveron o valor de ocultarnos o que realmente estaba pasando e mentiron, alá eles, xa saben da nosa opinión. Por último queremos pedirlles aos cargos públicos que lanzaron acusacións partidistas contra nós que rectifiquen o antes posible, xa que están errados na súa teima.

Cada un de nós representouse nestes actos a si mesmo, e así seguirá sendo. Agardemos que impere a cordura e se achegue a mellor solución posible a este necesario proceso de enaxenación de accións do club por parte da Deputación. Posiblemente esta sexa a última vez que interfiramos en ningún asunto que teña ver ca política.

En nome dos alí presentes e afeccionados que se sintan representados neste pensamento.

Advertisements

Posted on 31 Decembro 2013, in Xeral. Bookmark the permalink. 2 Comentarios.

  1. Como siempre chapeau

  2. Parece mentira que teñan que ser os afecionados os que teñan que poñer algo de sentidiño e os que teñen que andar detrás dos políticos simplemente para que se escoiten as súas propostas. Non son un técnico xurídico pero a imaxe que da o gabinete xurídico da Deputación neste tema é bastante lamentabel, non sei se por deixadez ou por incompetencia ou ambalas dúas cousas.
    Gracias a Somosbreogan e a xente que da á cara para defender que se fagan as cousas do xeito menos lesivo para o clube, amosando o agarimo que teñen por el e o respeto á xente que puxo do seu tempo (e algún tamén dos seus cartos)para levantar un proxecto nunha cidade pequena e da periferia da periferia…

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Baloncesto con P, de Palencia claro

todo por Palencia Baloncesto

@KIAenZona

Información sobre o Club Baloncesto Breogán S.A.D.

Blogoncesto

Información sobre o Club Baloncesto Breogán S.A.D.

ZonaOCB

Información sobre o Club Baloncesto Breogán S.A.D.