Comunicado dos afeccionados

breoganismoenloita

A continuación reproducimos o comunicado que se leeu  na concentración pacífica celebrada diante da Deputación:

En nome dos accionistas e afeccionados do Breogán. En nome do pobo de Lugo:

O pasado xoves día 26 tivo lugar no edificio que teño ás costas a asamblea xeral ordinaria de accions do Clube Baloncesto Breogan SAD. Despois de tratar os asuntos de trámite en 20 minutos o punto de rogos e preguntas extendeuse máis de dúas horas.

¿Por qué?

A deputación de Lugo máxima accionista do Breogan iniciara un proceso de venda de accións, de venda do Breogan o pasado verán.

Todos os presentes lle amosamos aos representantes da Deputación que, se ben entendíamos a súa postura, non compartíamos as formas.

A venda inmediata do Breogan supón a súa desaparición ou o seu traslado a outra cidade, de Galicia ou de fóra de Galicia.

O vicepresidente da Deputación e presidente do Breogán Antón Veiga comprometeuse diante de todos os accionistas a iniciar un proceso de reflexión que levase a unha saída ordeada da deputación do accionariado e, citamos textualmente, “o menos lesiva para os intereses do Breogan”.

Este venres pola noite correuse o rumor de que, menos de 14 horas despois de pronunciar estas palabras, o pleno da Deputación aprobaba a venda das súas accións do Breogan nun proceso de subasta. É dicir, sen respetar nin siquiera, os dereitos dos lucenses que se esforzaron por manter este clube vivo durante cincuenta anos.

Unha vez publicada a nova na prensa desta mañá un grupo de afeizoados e accionistas decidimos convocarvos aquí para amosarlle aos nosos gobernantes a nosa indignación.

Non nos poden chulear, non nos poden mentir á cara!

Que os responsables da deputación de Lugo hoxe non resposten ao teléfono e se agachen, avergoñados agardamos, non significa que nos vaiamos a esquecer nin hoxe, nin mañá, nin nunca.

Este non é un acto político. Creemos igualmente responsables a PSOE, PP E BNG. Nin tan siquiera é un acto de baloncesto. Aquí estamos moita xente do Breogán pero tamén do Lugo, do Ensino, do Prone, do  EMEVÉ.

É un acto de defensa do patrimonio de Lugo, de resposta inmediata á unha agresión aos valores que uniron e siguen unindo ao pobo de Lugo.

Entendemos a situación económica actual, as prioridades que debe ter un político cos seus cidadáns. Asegurar o benestar e procurar traballo para todos deben ser prioritarios, sí. Todos estamos de acordo.

Pero non estamos pedindo cartos. O único que pedimos é que non nos subasten ao mellor postor.

Estamos a falar do patrimonio de Lugo. O Breogán, como outros clubes deportivos da cidade, forman parte intrínseca desta cidade e desta provincia. Permite que nos coñezan fóra e favorecen que os nosos rapaces medren acompañados por valores de esforzo, de compañeirismo, de comunión coa súa sociedade, e de identificación co seu país.

Seguramente os actuáis responsables políticos da deputación se levarían as mans á cabeza se hai case cen anos se tivera tomado a decisión de derrubar a Muralla de Lugo para facilitar o crecemento da cidade. ¿Non si? Pois ben, esas mesmas políticas simplonas, curtoplacistas e sen visión do futuro dos intereses dos seus cidadáns é o que están a impoñer, sí, decimos impoñer, coas súas maiorías, nos plenos da deputación.

Non queremos mirar atrás. O futuro do Breogán comeza neste mesmo intre.

Pregamos aos responsables do PP (Xaime Castiñeira e Xose Luis Barreiro), do PSOE (Xosé López Orozco e Xosé Ramón Gómez Besteiro) e do BNG (Antón Bao e Antón Veiga) que deixen atrás as súas diferencias e que se unan para defender este patrimonio que o é de todos os lucenses. Estamos a tempo e vós sodes os únicos que tedes nas vosas mans reconducir a situación.

Pedimos a colaboración de todos os breoganistas, os de agora e os de antes. A todos e cada un dos expresidentes, insisto, todos e cada un dos expresidentes do Breogán, para que se unan neste momento e deixen atrás todas as súas diferencias. Para que, entre todos, reconduzcamos esta situación. Para que o Breogan, ao igual que outros grandes equipos desta cidade, siga vivo.

Temos case 50 anos e podedes ter claro que para enterrarnos agora, TEREDES QUE PASAR POR RIBA DE TODOS E CADA UN DE NÓS!

#ForzaBreo

Advertisements

About Vinicius

Breoganista de hélice. Baloncesto e ciclismo. Chairego, lucense, galego. HBO fan. Namorado da miña terra.

Posted on 29 Decembro 2013, in Xeral. Bookmark the permalink. 2 Comentarios.

  1. Totalmente de acuerdo. Desde #breoganistasenelexilio en lo que pueda ayudar, hacer, luchar… contad conmigo

  1. Pingback: Días compricados para o breoganismo | Somos Breogán

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Baloncesto con P, de Palencia claro

todo por Palencia Baloncesto

@KIAenZona

Información sobre o Club Baloncesto Breogán S.A.D.

Blogoncesto

Información sobre o Club Baloncesto Breogán S.A.D.

ZonaOCB

Información sobre o Club Baloncesto Breogán S.A.D.