Un ano con Lisardo

Cómprese un ano da chegada de Lisardo Gómez ao banco do Breogán e dende a atalaia que me proporciona Somos Breogán hei valorar o seu traballo.

Observando o quecemento. Foto de Pat M.A.S.

Observando o quecemento. Foto de Pat M.A.S.

Existe unha tendencia no terreo da xestión deportiva a desaconsellar por completo os trocos de adestrador durante as tempadas. Os datos están aí e amosan que na meirande parte dos casos non son unha boa solución, mais penso que en moitas ocasións o problema estriba en non ter unha perspectiva a medio prazo ou, dadas as circunstancias, non coñecer á perfección as ideas e métodos de traballo da persoa que substitúe ao adestrador despedido.

Lisardo Gómez é o adestrador “revelación” desta tempada na Adecco Ouro, sen discusión polo momento. Isto forma parte da perspectiva externa. Dende un punto de vista interno, ningún dos que tivemos o pracer de traballar con el pode estar sorprendido da traxectoria que está a levar, persoalmente e como director dunha orquestra moi ben afinada de xogadores que está a colocar ao Breogán nos postos de privilexio da LEB. Non hai sorpresa cando se coñecen a fondo as ideas e métodos aos que antes facía referencia.

Os fríos números falan: a estas alturas de ano o Breogán gañou dous partidos máis có ano pasado; baixo a dirección de Lisardo, o Breogán venceu en poucos meses nas tres pistas máis difíciles da LEB (Andorra, Burgos e Palencia); o equipo anota o mesmo có ano pasado pero recibe nada menos ca seis puntos menos por encontro; e o Breogán non chegaba á xornada 11 cun balance 8-3 dende o derradeiro ascenso na campaña 1998-1999. E tamén falan as sensacións: as boas vibracións que transmiten un grupo de xogadores unido ao seu redor, unhas intervencións ante a prensa sempre sensatas e uns siareiros que forman unha familia arredor do equipo e que en moitos casos o consideran artífice da nosa boa traxectoria.

Todo isto só pode ter un alicerce: o traballo. E traballar man a man con Lisardo resulta extremadamente sinxelo: ideas e estruturas claras, estudo a fondo de todos os factores que interveñen (ou ían intervir) no rendemento do equipo, aproveitamento da tecnoloxía, coordinación cun magnífico corpo técnico e paixón polo baloncesto, alén da LEB ou a ACB. Con todo isto, podemos dicir que pase o que pase, Lisardo Gómez sempre vai a loitar. Porque como di o seu (noso) admirado Rick Pitino: “Os que traballan máis duro son os últimos en se render”.

Advertisements

Posted on 17 Decembro 2013, in Xeral. Bookmark the permalink. 1 comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Baloncesto con P, de Palencia claro

todo por Palencia Baloncesto

@KIAenZona

Información sobre o Club Baloncesto Breogán S.A.D.

Blogoncesto

Información sobre o Club Baloncesto Breogán S.A.D.

ZonaOCB

Información sobre o Club Baloncesto Breogán S.A.D.