Análise Melilla Baloncesto

C.B. Breogán vs Club Melilla Baloncesto (Pazo Universitario, sábado 19:15 horas).

Breogán: 5º (6-3), -2.

Melilla: 11º (3-6), -2.

Volta o baloncesto a Lugo despois de dúas xornadas consecutivas a domicilio para o Breogán. O Pazo Universitario acollerá un clásico da LEB Ouro que enfrontará ao conxunto lucense co Melilla Baloncesto. Dous equipos que por potencial e historia están chamados a loitar polos primeiros postos desta LEB Ouro.

Os celestes veñen de sufrir dúas inesperadas derrotas nas últimas dúas saídas ante dous conxuntos da parte baixa, feito que afastou ao conxunto breoganista das primeiras posicións. Sen dúbida, unha vitoria o Sábado será esencial na loita pola disputa da Copa Príncipe e para recuperar as boas sensacións.

Por outra parte, o conxunto norteafricano chega a Lugo tamén necesitado de vitorias, tras un mal arranque de liga e tras perder tamén os dous últimos encontros, na anterior xornada en propia cancha. Un difícil comezo que situou ó conxunto de Alejandro Alcoba na parte baixa da táboa.

Melilla Baloncesto, un conxunto cheo de xogadores de talento e de bos coñecedores da categoría. Un equipo formado por:

Bases:

Juan Riera (MVP): Un dos bases máis veteranos da LEB Ouro milita no Meilla Baloncesto. Logo dunha temporada pasada bastante gris, repite en Melilla. E repite cuns números máis habituais nel. Con varios anos de experiencia en LEB e 2 en ACB, Riera está a promediar 9,3 puntos e 3,4 asistencias para 12,9 de valoración en 27 minutos, acadando unha excelente porcentaxe en triplas do 44%. MVP do equipo.

Adrián Fuentes: Pouco protagonismo numérico para o segundo base de Melilla. Moi coñecedor da LEB, chegou a participar en ACB no 2009/10 da man de Obradoiro. 1,6 puntos e 1 asistencia en 12 minutos.

Pelayo Larraona: Canteirán que comezou a tempada co rol de segundo base. Tras non convencer ós técnicos melillenses, fichouse a Adrián Fuentes pasando a ser o terceiro base. Moi pouco protagonismo.

Aleiros:

Iñaki Narros: O que fora en anos anteriores o referente exterior de Navarra, ficharía no verán por Melilla. Sen dúbida un dos mellores escoltas nacionais da competición, que a pesar de non gozar dun fácil arranque de liga con problemas físicos, sempre é perigoso, especialmente dende a liña de 3. En 6 partidos, 8 puntos e 2,3 rebotes de media cunha porcentaxe do 33% en triplas. 21 minutos de media en pista.

Darien Brothers: Quizais unha das revelacións exteriores da liga xunto co noso Tyrus McGee. Perigosísimo xogador exterior capaz de resolver el só un partido. Promedia 26 minutos en pista e anota 14 puntos de media cunha porcentaxe do 51% en triplas para 12 de valoración. Primeiro ano en España.

Sergi Pino: Aleiro procedente do Lleida que foi do agrado celeste nalgunha ocasión. Xogador moi completo tanto en defensa como en ataque. Perigoso dende a liña de 3. Vai gozando ano a ano dunha importante progresión. Discreto arranque con 7,4 puntos e 1,8 rebotes de media en 22 minutos.

Eloy Almazán: Terceiro ano en Meililla para o irmán de Pablo Almazán. Xogador que viña dispoñendo con García de Vitoria dun rol moi secundario, este ano da man de Alejandro Alcoba está a dispoñer de máis minutos. Boas prestacións as deste aleiro con 5,7 puntos e 3 rebotes en case 18 minutos de media, cun 54% en triplas.

Pívots:

Jonathan Durley: Ala Pívot estadounidense con experiencia en León e Palencia. Esperábase un maior crecemento no seu xogo que está tardando en producirse. Xogador con capacidade para xogar aberto e tirar de 3. Promedia 7,4 puntos e 4 rebotes en 18 minutos.

Héctor Manzano: Veterán interior que repite por terceiro ano en Melilla. Con experiencia en ACB, este nacional posúe unha moi boa man dende a liña de 3. Boa visión de xogo e capacidade para xogar de cara e de espaldas ó aro. En 26 minutos, promedia 8,4 puntos e 4,1 rebotes.

Devin Wright: O xogador lucense, fillo do mítico ex celeste Jimmy Wright, é un especialista defensivo. Xogador moi duro e moi intenso, que ano a ano vai mellorando a súa aportación de ataque. Suple a súa escasez de centímetros para o posto de 5 cunha gran intensidade. Xogador moi interior, promedia 8,4 puntos e 7 rebotes para 10 de valoración en 22 minutos.

Deividas Busma:  Segundo ano en España para este potente interior. Xogador moi forte e alto (2,12) que aporta intimidación e rebote ao conxunto norteafricano. Promedia 5,3 puntos e 5,4 rebotes en 15 minutos de media.

Rankings Individuais Liga en Top 10:

Anotación: Brothers (7º)

Rebotes: Wright (9º)

Asistencias: Riera (4º)

Tapóns a favor: Busma (8º)

Tapóns en contra: Wright (4º), Busma (7º)

Mates: Wright (7º)

Faltas recibidas: Riera (4º)

Faltas cometidas: Wright (8º)

Atención a:

Xogo exterior: O Breogán vén de amosar dúbidas na defensa do perímetro. Atoparase en fronte a un conxunto plagado de bos tiradores.  Unha mellora nesta faceta será clave para que non collan confianza os seus exteriores dende a liña de 6,75.

Adrián Laso: Primeiro partido como local da última incorporación celeste. A afección breoganista poderá dar a benvida ao novo xogador interior.

Quinteto: É probable que vexamos algunha novidade no quinteto titular breoganista en busca dun maior equilibrio inicial defensa-ataque.

Duelo de irmáns: Os irmáns Almazán veranse as caras unha vez máis nun duelo na LEB Ouro.

 

Advertisements

Posted on 4 Decembro 2013, in Encontros. Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Baloncesto con P, de Palencia claro

todo por Palencia Baloncesto

@KIAenZona

Información sobre o Club Baloncesto Breogán S.A.D.

Blogoncesto

Información sobre o Club Baloncesto Breogán S.A.D.

ZonaOCB

Información sobre o Club Baloncesto Breogán S.A.D.