Julio González fala sobre o presente e o futuro do Breogán

Á vista dos últimos acontecementos tocaba falar con algún membro do consello. Neste caso, por diversas cuestións o elexido foi de novo Julio González. Velaquí unha entrevista na que se tocan varios temas de actualidade:

BREOGAN

Ben, o primeiro que me gustaría saber é… qué pasa co despido de Javi?

Dentro da reestruturación que a Deputación plantexou aos traballadores incluíase a amortización do posto de Director Xeral. Javi está á espera de recibir a carta, pero aínda non se lle fixo entrega dela. É unha decisión tomada e non executada. Cónstame que hai dúas semanas que ía ter inminentemente a carta de despido.

Estase buscando substituto a Javi Gómez? Quen vai desempeñar as súas funcións se non?

Non se está buscando substituto, porque do que se trata é que cos mesmos traballadores que hai, excluído Javi que foi un cargo de nova creación, se faga o mesmo traballo que se facía antes. Estanse recortando salarios e horas de traballo, pero por agora non se plantexan novas contratacións. As consignas son diminuír gastos de persoal e reorganización da estrutura. E isto terá que matizalo o seguinte consello.  E nos, desde o consello actual, que é transitorio (remarcao), queremos que o club quede nas mellores condicións posibles para que sexa atractivo para a xente nova que veña ao consello, e que adopte a estrutura que estime convinte.

Moita xente pregúntase cal é a labor diaria dos conselleiros, poderías dar exemplos do que aportan ao club

Si. Por lei os cargos imprescindibles nunha SAD son o presidente e o secretario (este pode ser externo, é dicir, non conselleiro). No actual consello estamos 7: O presidente ostenta a potestade presupostaria  do club nesta etapa de vida da SAD; polo tanto a súa postura é crucial para a supervivencia do mesmo. O vicepresidente, cargo contemplado nos estatutos, entrou ca función de descargar a aquel dos cometidos máis propios da representación da figura presidencial, toda vez que o presidente é político, e iso conleva evidentes limitacións. Logo están os vocais políticos do resto de partidos que integran a deputación provincial, actualmente un do PSOE (xunto con BNG no grupo de goberno) e outro do PP. Despois veñen Rodolfo Castro e Jesús Lázare. Rodolfo forma parte da comisión deportiva xunto con Botana, que se fixo moi recentemente para coordinarse coa  secretaría técnica, adestrador,  xogadores, etc. Rodolfo fala fluidamente inglés e é importante nese tema. Suso realmente é un todoterrreno incansable,  leva o peso do día a día das xestións que exceden do ámbito da oficina, e hai que recoñecerlle que é unha peza fundamental no club. Hoxe por hoxe o club non funcionaría sen él.  Eu como secretario levo as cuestións xurídicas do club.

Aparte da responsabilidade que a lei carga sobre os administradores, que moitas veces quita o sono, cada un vai tirando dos seus contactos particulares para conseguir ou tentar acadar pequenos colaboradores, aboados, etc. Cousas que as veces se ven e outras non, pero que se teñen que facer.

Ata o de agora, todas as decisións se tomaron en consenso. Por exemplo, cando houbo que decidir se excediamos minimamente o presuposto para fichar a Palsson, trala baixa de Manu Gómez, dixemos todos que si.

Vai haber novidades no Consello tras a Asemblea?

Certamente dubido que haxa novidades trala Asemblea de decembro. No verán parecía máis cercana a entrada dalgún, pero o tema da enaxenación mudou radicalmente o panorama. Entendo que ata que se culmine o proceso, é lóxico que os posibles candidatos estean a expectativa. ¿Qué cremos que vai pasar? Pois dependerá de cómo quede repartido o accionariado. Para elo é preciso colocalo completamente na rúa, e  non podes pretender vender as accións cando teñen pasivo asociado. Ten que ser un produto atractivo. E esta é a teima que tivemos con Veiga dende que decidiron iniciar o proceso de enaxenación, e tras certo periplo, agora coincide con nós.

Estarías disposto a volver a ser presidente?

Non, á presidencia non, polo menos a curto ou medio prazo nin mo plantexo.

Nin sendo un presidente  profesional?

Non, de verdade. A miña relación co Breogán é puramente afectiva. Accedín nun momento moi complicado, no que era a única saída que vía,  pero non, estou contento co meu traballo e non o cambiaría por unha presidencia executiva.

Cómo está o obxectivo da débeda 0?

O presidente asegurounos que ía deixar ao club sen acredores, para que os afeccionados atopen atractivas as accións e as compren. E nós crémolo e por iso estamos tranquilos.

Por qué non se desprazou ningún representante do club a Logroño?

Máis ou menos a principios de tempada cada un fai un calendario para intentar ir ao máximo de partidos posible, de acordo coas nosas particulares circunstancias persoais, profesionais, e tamén económicas, porque os gastos os asumimos do noso peto. A verdade é que no consello enterámonos da entrevista o martes desa mesma semana.  Falamos co presidente porque entendíamos que aínda que fose moi difícil ou moi precipitado tiñamos que ter presenza. Xurdíu a posibilidade de facer unha entrevista gravada a través da Fundación TIC, e tomouse esa decisión.

Porque non vai logo un traballador do club como Juan Carlos Castro? Porque as reunións ca FEB si foi…

Foi unha das opcións que se barallou, antes de decidir que se fixera a intervención de Veiga en diferido. Pero hai que ter en conta que Juan Carlos Castro tampouco é o substituto de Javi Gómez, non da ese perfil. El é secretario técnico, a figura de Director Xeral parecérame interesante na miña presidencia, e parte do seu traballo era viaxar co equipo e representalo a nivel federativo e con outros clubs. Daba un plus de señorío ao Breogán, pero agora non nolo podemos permitir.

E o asunto da calefacción, que é outra das cuestións a resolver?

Imos ver. Por un lado temos a sorte de usar gratuitamente unha instalación de altísimo nivel como é o Pazo dos deportes, o que é a envexa de moitos club foráneos, e estamos moi agradecidos por elo, pero o que non pode ser é que o teñamos sen calefacción desde o ano pasado. É dificilmente comprensible. É malo para o público, para os equipos que xogamos e adestramos alí, e para o resto de usuarios. Parece que o problema está agora na distribuidora do gas, segundo as últimas noticias que nos transmiten desde a Deputación.

Tema de patrocinio, parece que está preto. Podes adiantarnos algo?

Mira, cando Veiga dixo que había conversas avanzadas con dúas empresas, coido que se deixou levar por un exceso de confianza, porque iso despois non frutificou. Falouse con varias empresas, algunha das cales nun principio parecía que si estaría interesada, pero logo mudou de opinión. Hai que ter en conta que o momento non é bo nin fácil, e tamén é certo que o feito de ter presidencia política pecha certas portas, ao igual que o tema da enaxenación.  As empresas buscan estabilidade, non esa imaxe que había de movemento. Estou convencido de que eso cambiará no futuro, cando se estabilice todo o entorno.

Pero a pesar de todo, o Breogán é moi atractivo porque ten un impacto mediático moi alto. Algo vai haber. Non che podo dicir máis.

Por qué non aparece a nominativa nos presupostos da Deputación?

Porque os equipos de alta competición, recibirán unha subvención específica, á vista dun baremo que fixe o importe adecuado en cada caso.

Se se consegue ascenso sería viable o equipo en ACB?

Si, rotundamente. Creo que é o seu destino. Estou convencido. Ao mellor é máis fácil conseguir o segundo millón que o primeiro. Ademais saíu que o CSD vai meter man no baloncesto para evitar dispendios; non sei se finalmente vai ser así ou se trata de algo máis específico e de consumo interno da ACB. En calquera caso, algo ten que cambiar. É inminente. E temos que estar aí. ¿Quén se non? Temos afección, a mais incondicional, numerosa, sufrida e fiel. Temos un Pazo presto a encherse, e temos e vamos conservar o canon ACB, patrimonio dos lucenses.

Non podemos caer no erro de pensar que por non estar no eixo atlántico  e non ter aeroporto, ou por ser unha cidade pequena e de servizos xa non temos que facer. Non hai país, autonomía ou pobo que se manteña cun só eixo , en todo caso haberá que corrixir ese desequilibrio, so pena de colapso total. Digo isto porque escoitei argumentos tales como que en Galicia non pode haber máis ca un equipo na ACB, posto que non hai recursos para elo, e que é mellor que estea nun determinado lugar en detrimento de outros. Iso é unha falacia.

Os proxectos de basket de elite en Lugo teñen garantía de éxito, porque nunca foron flor dun día. O Breogán é unha historia de amor colectiva, que fai espertar o adormecido orgullo e o espírito reivindicativo lucense.

Advertisements

About Vinicius

Breoganista de hélice. Baloncesto e ciclismo. Chairego, lucense, galego. HBO fan. Namorado da miña terra.

Posted on 27 Novembro 2013, in Xeral. Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Baloncesto con P, de Palencia claro

todo por Palencia Baloncesto

@KIAenZona

Información sobre o Club Baloncesto Breogán S.A.D.

Blogoncesto

Información sobre o Club Baloncesto Breogán S.A.D.

ZonaOCB

Información sobre o Club Baloncesto Breogán S.A.D.