Análise Planasa Navarra

Planasa Navarra vs Breogán (Venres 20:30h – Polideportivo Anaitasuna).

Breogán: 3º (6-2), -1.

Planasa Navarra: 14º (1-7), -1.

Segundo encontro consecutivo a domicilio para o conxunto breoganista que nesta ocasión visitará a cancha do Planasa Navarra, equipo colista da Leb Ouro.

O equipo dirixido por Ángel Jareño é un conxunto con moitas caras novas respecto ó ano pasado. Logo de perder no verán ós que foran os seus tres pilares básicos as últimas tempadas (Iñaki Sanz, Iñaki Narros e Starosta), Planasa Navarra configurou un plantel renovado que combina xuventude con certa dose de veteranía que chega da man de David Mesa, Enrique Suárez e Álex Urtasun.

O equipo navarro está a atravesar un difícil arranque ligueiro que o colocou na última posición e precisa con urxencia dunha vitoria ante o conxunto lucense. Ambos equipos veñen de perder na xornada anterior e precisan sacar adiante este encontro. Unha derrota no conxunto local podería poñer en perigo o posto de Jareño, mentres que unha derrota para os lucenses suporía un duro golpe na loita pola primeira posición e por facerse un oco na disputa da Copa Príncipe, a falta de 5 xornadas para o final da primeira volta.

Planasa Navarra está formado por:

Bases:

Cristian Díaz: Xoven base formado nas categorías inferiores do Gran Canaria. Chegaría a Navarra mediada a pasada tempada. Promedia uns 20 minutos de media por partido para un total de 7,4 puntos e 2 asistencias de media.

Robertas Bitinas: Moitos problemas no posto de base para Planasa. Tras a lesión de Rai López e a breve estancia do ex celeste Mokongo, chegaría a Navarra Robertas Bitinas. Este xogador lituano promedia 8,6 puntos e 1,2 asistencias cunha porcentaxe do 64% (9 de 14) en triplas nos 19 minutos de media que está en pista.

Aleiros:

Joaquín Bonhome: Repite o escolta andaluz no conxunto de Ángel Jareño. Foi compañeiro de Dani Rodríguez, Álex López e Roland Schaftenaar en U.B. La Palma. Moi bo defensor e gran xogador de equipo. Ao igual que a maioría dos seus compañeiros, está a gozar dun difícil arranque de liga. En 17 minutos promedia 4 puntos con discretos porcentaxes de tiro.

Enrique Suárez: Logo de 4 anos en Clavijo chega a Navarra este veterán escolta. Un xogador moi activo tanto en defensa como en ataque. 8,6 puntos e 2,3 rebotes en 20 minutos de media cunha porcentaxe do 35% en triplas.

Alejandro Urtasun (MVP): Referente exterior do conxunto navarro. Xogador moi experimentado con varios anos en ACB. Moi perigoso dende a liña de 3 puntos. Permanece 28 minutos en pista para anotar un total de 11 puntos e capturar 3,3 rebotes para 13,3 de valoración. Máximo asistente do equipo con 3,1 por partido.

Martín Durchev: Primeiro ano en España para este xogador. Aleiro búlgaro que promedia 7 puntos e 1,6 rebotes en 19 minutos. Interesante xogador que precisa aínda dunha maior adaptación.

Antón Savitski: Terceiro ano para este aleiro en Navarra que segue a gozar de moi pouco protagonismo nos esquemas de Ángel Jareño. Xogador de equipo que en 6 minutos anota case 2 puntos de media.

Pívots:

Alejandro Navajas: O que fora xogador celeste durante as dúas últimas tempadas é un home chave no conxunto navarro. Xogador do que se esperaba moito no seu segundo ano como celeste e que non foi capaz de amosar a súa mellor versión en Lugo, quizais por unha falta de confianza. Promedia 27 minutos de media por partido en Navarra cuns bos números (12,4 puntos, 5,6 rebotes, cun 46% en triplas). Máximo anotador do Planasa e segundo home máis valorado con 12,4 puntos de valoración. “4” aberto perigoso dende a liña de 3 puntos.

David Mesa: Clásico xogador da liga LEB Ouro. Veterán interior que acostuma a realizar boas actuacións ante o conxunto celeste. Chega a Navarra dende A Rioxa. 10 puntos e 7,6 rebotes en 24 minutos. Xogador moi reboteador.

Miguel Lorenzo: O xogador lucense que soara anos atrás para formar parte do Breogán promedia 5,3 puntos e 3,8 rebotes por partido en 17 minutos. Xogador moi interior, bo no rebote e activo en defensa.

Brandon Sebirumbi: Cuarto xogador interior en minutos. Este estadounidense permanece en pista apenas 13 minutos promediando 3 puntos e 3,3 rebotes.

Rankings Individuais Liga en Top 10:

Rebotes: David Mesa (3º)

Asistencias: Álex Urtasun (10º)

Perdas: Enrique Suárez (3º), Alejandro Díaz (10º)

Faltas cometidas: Bitinas (2º), Mesa (6º), Navajas (8º)

Atención a:

Estilos opostos: De novo un bo ataque porá a proba a defensa breoganista. Na anterior ocasión era Cocinas.com. Desta vez Planasa, o cuarto equipo máis anotador será o que porá a proba a muralla lucense. Pola contra, o rocoso Breogán voltará a ter enfronte a unha débil defensa, en concreto a segunda peor da Adecco Ouro, a pesar de dispoñer de bos xogadores defensivos.

Faltas Persoais: Ata 3 xogadores navarros, e dos máis importantes, se sitúan no top 10 de faltas cometidas na Adecco Ouro, entre eles Mesa e Navajas. O xogo interior breoganista intentará aproveitar a súa superioridade e sacar faltas aos seus dous principais referentes na pintura.

Advertisements

Posted on 27 Novembro 2013, in Encontros. Bookmark the permalink. 1 comentario.

  1. Moi bó análise, o contrario do que poida parecer Navarra ten un equipo longo que nos pode dificultar moito o xogo se o partido ten un ritmo alto.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Baloncesto con P, de Palencia claro

todo por Palencia Baloncesto

@KIAenZona

Información sobre o Club Baloncesto Breogán S.A.D.

Blogoncesto

Información sobre o Club Baloncesto Breogán S.A.D.

ZonaOCB

Información sobre o Club Baloncesto Breogán S.A.D.