En clave de afeccionado breoganista (ca camisola posta)

Non acostuma un a escribir nun ton persoal, pero hoxe así me gustaría facelo.

Cando naceu este blog a idea era defender os intereses do Breogán ante a escasa cobertura dos medios (representada por El Progreso, La Voz de Galicia, a Cadena Ser –quen fan un traballo excelente- e pouco máis tras o peche de Punto Radio.). Tentamos que as súas informacións e as nosas se complementen e cheguen a máis xente. Tamén nos gusta informar daquelas cousas que non teñen cabida noutros medios, polo que sexa.

A marea celeste despide ao equipo (vía @fotofruqui)

A marea celeste despide ao equipo (vía @fotofruqui)

Ante todo, son afeccionado breoganista. Dos que o sinto moito. E escribo ca camisola posta, claro que si. Por elo o meu principal interese (porque todos temos intereses, non si?) é que o Breogán acade os mellores resultados posibles cunha optimización dos recursos. As épocas dos grandes dispendios económicos remataron e estamos nunha época na que toca apertarse o cinto, ata o punto de que estamos ca auga ao pescozo e a nosa existencia como o Breogán que coñecemos (SAD con canon ACB, un presuposto atractivo, etc) depende das administracións públicas.

Como calquera afeccionado teña unha idea de proxecto de club, nunha liña na que moitos outros pensan. Un par de liñas clave: un club profesional, no que poidan figurar e tentar gañarse oco xogadores da casa, arraigados en Lugo, como poden ser os Chapela, Gago e Sergi, por poñer algúns exemplos. Porque son os únicos casos nos que coido que pode pagar a pena investir na súa formación, e todo isto por a ilusión de ter algún xogador da casa. Veñan de Estudiantes, Cidade de Lugo, Sarria, Chantada, Foz…. Traer un xogador para a canteira (nos tempos que corren, contextualicemos) de fora, con arraigo cero a formarse para que logo se largue ou se demostre que non vale para o primeiro equipo, non serve de nada.

Este ano o que veu de fora para o Breogán, fichouse baixo uns criterios, restrición económica incluída, e so hai que ver os resultados ata o momento. E xunto a isto, un núcleo duro de xogadores contrastados, como o son Dani, Álex López, Diouf, Schaftenaar, etc.  Agora as decisións quedarán na man doutra persoa que cometeu acertos, pero tamén erros de vulto. Qué casualidade, perden peso as persoas que acertaron.

Pero preocúpame que se estenda unha opinión de “esos de Somos Breogán no saben de lo que hablan”. Imaxinamos que esas opinións veñen instigadas dende un extremo contrario á nosa idea de Breogán. Pero se algo tentamos é sempre contar a verdade e o que cremos que é verdade, xa que non sempre coñeces todo ata o fondo.

Esta mesma corrente contraria á opinión dun servidor, ao que se refiren como un “alarmista” (o cal non é malo, se creo alarma e fai que a xente reivindique o mellor para o club, pois nin tan mal); esa corrente cre que a Deputación seguirá aí apoiando como ata agora (cousa que na miña humilde opinión, como na de moitos de vós ten que ir cambiando, pero paso a paso) e que algún grande empresario apostará polo club. Oxalá, pero parece case que útópico. Hoxe ademais vemos que non aparecemos entre os clubs que reciben subvención nominativa. Agardo que se esclareza pronto este asunto, pero de primeiras pinta mal.

En resumo, o traballo dalgúns na nosa contra funciona.

Turno agora para comentar un par de informacións, que considere¡amos oportuno non difundir no seu momento.

Comezamos polo único positivo e é que se albisca a chegada dun patrocinador. Non está nada lonxe, e non se pode dar nunca nada por feito ata que se asina. Lóxicamente, as cantidades serán inferiores ao que aportaba o anterior.

Tema de vinculacións: Reyes e Martín eran claros candidatos. Pero dende arriba impúxose a de Abuín e Gibson. Os xogadores, coma sempre son os que menos culpa teñen, pero seguimos falando dunha imposición. Con que intereses? €€€€

Outro tema, a lesión de Martín. Semella que ante os problemas no xogo interior ía xogar minutos no primeiro equipo, xa que se consideraba que estaba adestrando ben. Din que a lesión se produce tras dobrar adestramentos co Estudiantes, cando soamente debería de adestrar nunha sesión con o club vinculado.

Chamouse a capitulo ao adestrador para cuestionar porque non xogaban determinados xogadores? Confírmanme que si. É esta unha práctica habitual? Pois non sei, pero dende logo é unha inxerencia.

Di Hevia que o adestrador ten que pasar polo despacho do director xeral a dar o parte de novas. Outra inxerencia máis?

Non quero pechar sen facer unhas alusións persoais. Neste tempo, trabei certa amizade con Javier Gómez, con Suso Lázare e con Julio González entre outros. Persoalmente, coido que a relación é magnífica con todos, aínda que puideramos ter nalgún momento discrepancias. Pero cando considerei algo mal feito sempre lle lo fixen saber. Tampouco quero que ninguén pense que teño nada en contra de Estudiantes, que tamén hai moitos que o pensan. Simplemente non comulgo ca idea de mesturar ambos clubs (Breo e EBA) con intereses diferentes. No traballo co resto de rapaces e rapazas, a meu recoñecemento aos adestradores e os xogadores.

O que máis me entristece é que ca lesión de Roeland… qué nos queda? A un equipo curto agora súmase isto. E recemos para que non lle pase nada a ningún dos que quedan “sans”. Dani e Diouf xa pasaron molestias, Palsson cas súas feridas, Charles dise que está lesionado… Minutadas e adestramentos nun frío Pazo, aquí temos as consecuencias. E os xogadores xa non se cortan en pedir a bendita calefacción.

Convido a quen queira a desmentir algo do aquí publicado.

#ForzaBreo

Advertisements

About Vinicius

Breoganista de hélice. Baloncesto e ciclismo. Chairego, lucense, galego. HBO fan. Namorado da miña terra.

Posted on 25 Novembro 2013, in Xeral. Bookmark the permalink. 2 Comentarios.

  1. Desde que Raul Lopez dejo la presidencia y el BNG no tuvo mas remedio que coger las riendas del Breogán (maximo accionista) el lobby estudantil vio la oportunidad tan ansiada que Raul les impidió durante su presidencia.
    Jesús Castro le saco el polvo a su mesa, se enfundo el traje del caballero oscuro y se puso reinar a sus anchas (incluyo la vergüenza del despido de Pepe)
    A partir de ese momento ellos se quedaban al mando del Breogan desde la sombra mientras que los palos se los llevaba el presidente.Consecuentemente se hacía el mangoneo suficiente para que todos estuvieran contentos y satisfechos, Los cristinos, los twitteros populistas etc… campan a sus anchas escudándose en el incompetente e inoperante Antón Veiga que a este paso se va a convertir en la virgencita María.

    ¿Cuando el lobby le va a pedir dinero/favores/necesidades a los máximos accionistas/principal fuente de ingresos, van en representación del Breogán o del Estudiantes?

    ¿Como se puede explicar que en plena crisis económica, un club de chavales siga trayendo jugadores de diferentes nacionalidades?

    ¿Porque existe tanto silencio acerca de las cuentas del Breogán, su financiación y su verdadera relación económica en la vinculación con el Estudiantes de Lugo?

    Son tantas las preguntas sin respuesta….

    El verdadero problema del Breogán es que alguien con verdaderas competencias ni se involucrará ni se lo permitirán ya que este chiringuito que se han montado en uno de los clubes con mayor prestigio y mejor afición de España es muy jugoso y de el se alimentan los incompetentes

    Palabra de un siaeiro fiel.

    Sempre Breogán

  2. Non son de comentar habitualmente,aínda que si que lle dou á lectura por estos lares habitualmente. Simplemente creo que pouco se pode engadir ao dito aquí. O meu total apoio en canto a todo o dito por aquí. Estamos fartos de tragar con certas situacións e iso ten que cambiar. Gracias aos que poñedes voz á afección máis comprometida.
    Unha forte e breoganista aperta.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Baloncesto con P, de Palencia claro

todo por Palencia Baloncesto

@KIAenZona

Información sobre o Club Baloncesto Breogán S.A.D.

Blogoncesto

Información sobre o Club Baloncesto Breogán S.A.D.

ZonaOCB

Información sobre o Club Baloncesto Breogán S.A.D.