Análise Peñas Huesca

C.B. Breogán vs C.B. Peñas Huesca (Pazo Universitario, Sábado 16, 19:15h)

Breogán: 2º (5-1), +3.

Peñas Huesca: 7º (4-2), +3.

Sétima xornada da LEB Ouro que achega a Lugo a un histórico do baloncesto español: o Peñas Huesca.

O plantel dirixido por Joaquín Costa destaca pola súa solidez defensiva e por realizar un verdadeiro xogo de equipo, onde o conxunto domina claramente ás individualidades. Dúas das mellores defensas da liga (1ª vs 5ª) se enfrontarán no parquet do Universitario, nun partido que se presume moi duro, entre dous dos conxuntos máis rocosos da categoría.

Enfrontaranse en Lugo os dous equipos máis en forma da LEB Ouro. O Peñas Huesca chega á cidade amurallada cunha xeira de 3 vitorias consecutivas, as mesmas que o conxunto lucense. Só un sumará a cuarta.

Peñas Huesca, un equipo con moitas caras novas na categoría, no que destaca o bloque fronte as individualidades, a solidez defensiva e o xogo rápido. Un equipo formado por:

Bases:

Lluis Costa: O xoven base catalán cumpre o seu segundo ano no Huesca e está a demostrar unha importante progresión ano a ano. Xogador moi veloz e intenso que acapara a maior parte da responsabilidade no posto de 1, participando dun total de 26 minutos por encontro. 10,7 puntos e 2,2 asistencias son os seus promedios por partido.

Carlos de Cobos: O ex – breoganista está a gozar de pouco protagonismo no conxunto oscense. Logo de pasar por quirófano no verán, incorporouse ao conxunto de Quim Costa como complemento a Lluis Costa. Moi intenso en defensa e correcto director de xogo.

Aleiros:

Jorge Romero: Escolta que promedia 25 minutos en pista por partido. Xogador de equipo. Sen destacar en nada en particular, aporta 8,3 puntos, 2,5 rebotes e 2,5 asistencias por partido, con correctos porcentaxes de tiro exterior.

Marius Grigonis: Xoven aleiro lituano que goza do seu primeiro ano no baloncesto español. Progresión partido a partido. Perigoso tirador dende a liña de 6,75 (acredita un 50%). Posiblemente o exterior máis destacado do Peñas Huesca. En 21 minutos en pista alcanza os 11,7 puntos e 2,7 rebotes para 11,5 de valoración.

Rusell Johnson: Aleiro estadounidense que disfruta en Huesca da súa primeira experiencia profesional. A pesar dos seus 22 minutos en pista, alcanza uns discretos números. Se ben, como todo o plantel do Peñas, é un correcto xogador de equipo que irá crecendo ao longo das semanas.

Jorge Lafuente: Un dos poucos xogadores que repite do curso pasado. Canteirán. 3,2 puntos e 2,3 rebotes en 17 minutos en pista.

Pívots:

Pierre Oriola (MVP): O interior catalán é o xogador máis utilizado e o que máis valora no Peñas Huesca. Procedente do Lleida, promedia 30,28 minutos por partido, anotando 14,2 puntos e capturando 7 rebotes para 16,3 de valoración. Os interiores lucenses deberán prestar moita atención a este xogador, sobre o que xira o peso do xogo interior oscense.

Javi Múgica: Clásico ala-pivot coñecedor da LEB. Xogador moi intenso e con boa man dende a liña de 3 puntos. É o segundo xogador interior máis utilizado por Joaquín Costa con 20 minutos de media. Xogador máis veterán do equipo.

N.R. Washburn: Pívot rookie na LEB Ouro. Xogador de gran envergadura que promedia 6,8 puntos e 3,7 rebotes por partido.

Edu Gatell: Pívot moi rocoso que chegou á LEB o ano pasado dende a liga EBA adaptándose moi rápido á categoría. Promedia 4 puntos e 4 rebotes nos 12 minutos que xoga de media por partido. Gran intimidador, coloca 1,6 tapóns por partido nos poucos minutos que está en pista.

Rankings Individuais Liga en Top 10:

Anotación: P. Oriola (7º)

Rebotes: P. Oriola (9º)

Balones recuperados: Jorge Romero (10º)

Tapones a favor: Edu Gatell (4º)

Tapones recibidos: P. Oriola (10º)

Faltas Cometidas: R. Washburn (9º)

Valoración: P. Oriola (5º)

Atención a:

Regreso a Lugo de Carlos de Cobos. O que fora base do conxunto celeste o último ano e medio regresa a Lugo. Un xogador moi querido pola parroquia lucense, a cal garda un gran recordo da súa profesionalidade e esforzo durante o ano e medio que estivo no clube.

Dureza e rapidez dun bloque sólido: Un equipo moi xoven e con varios rookies que podría pecar de certa inexperiencia. Sen embargo, Quim Costa conseguiu configurar un bloque moi rocoso e sacrificado que esixirá o 100% en cada acción ao conxunto breoganista. Evitar unha posible relaxación nos xogadores celestes será clave.

Advertisements

Posted on 13 Novembro 2013, in Encontros. Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Baloncesto con P, de Palencia claro

todo por Palencia Baloncesto

@KIAenZona

Información sobre o Club Baloncesto Breogán S.A.D.

Blogoncesto

Información sobre o Club Baloncesto Breogán S.A.D.

ZonaOCB

Información sobre o Club Baloncesto Breogán S.A.D.