O rincón estatístico da LEB

Tras cinco xornadas de liga chega o momento de deterse un momento e botar un ollo ás estatísticas da LEB Ouro. Dende esta páxina imos tentar de darlle unha visión distinta aos datos estatísticos tentando analizalos dende distintos puntos de vista.

stats

Comezamos analizando a capacidade anotadora dos equipos. Neste sentido é imposible non comezar destacando a bagaxe anotadora de Andorra. Andorra destaca polos seus 1,20 puntos por posesión de ataque, moi por encima da media dos restantes 13 equipos da competición que se sitúa nun 1,01. De feito esta media podería ser incluso superior de non ter sido polo partido que disputaron contra o Breogán no que a súa eficiencia anotadora se viu reducida a 0,89 puntos por posesión de ataque (é dicir, nos outros catro partidos a súa media anotadora sube ata os 1,29 puntos por posesión).

No apartado defensivo o equipo máis destacado na estatística de puntos recibidos por posesión en contra é Palencia con 0,87 puntos. Atópanse bastante preto os equipos de Andorra e Breogán con 0,92 e 0,93 puntos respectivamente, a pesar de que Breogán xa se enfrontou aos tres mellores ataques, Andorra con 1,20 puntos por posesión como comentábamos previamente, Oviedo con 1,08 e Basquet Coruña con 1,05.

Se nos baseásemos no basketaverage dos equipos (concretamente nos puntos anotados e recibidos) e fixésemos unha proxección pitagórica[1] teríamos que Andorra estaría nunha proxección de 97,74% de vitorias, seguido de Breogán con 79,28%, Palencia 75,90%, Oviedo 65,32% e Burgos con 59,62%. Unha vez máis apréciase a dureza do calendario de inicio de tempada do Breogán que xa xogou contra 3 dos 5 equipos con mellor proxección (sendo o Breo ademais un dos cinco).

No plano reboteador imos facer unha análise dos equipos que mellor porcentaxe obteñen en rebote propio sobre rebotes totais en cada un dos dous aros. No rebote defensivo volven a destacar Oviedo e Andorra con un 78,6% e un 77,6% de rebotes na súa propia canastra. Sen embargo en rebotes ofensivos os equipos destacados son Burgos e Barcelona cun 36,02% e 34,05% respectivamente. No caso do Breogán cabe dicir que non destaca especialmente nin no positivo nin no negativo en ningunha de estes datos reboteadores. Si parece salientable o dato de que Andorra ocupa a última posición no rebote ofensivo con un 24,83% e precisamente outro dos equipos máis fortes da liga, Palencia, ocupa o penúltimo lugar cun 25%.

Queríamos rematar esta estatística con algún dato individual de valoración +/- dos xogadores pero o efecto do basketaverage tan positivo de Andorra distorsiona esta estatística ata o punto que os sete mellores xogadores da liga neste campo pertencen ao plantel do equipo do Principado.

Advertisements

Posted on 8 Novembro 2013, in Xeral. Bookmark the permalink. 2 Comentarios.

  1. Moi interesante, espero máis entradas no blog de estadísticas.

  2. Moi bo artigo, chama a atención o dato de eficiencia anotadora de Andorra no partido contra Breogán ao comparalo co global da tempada, xa que di moito da defensa do noso equipo.

    No plano das estadísticas individuais gustaríame destacar o feito de que no apartado de “valoración” os nosos interiores: Diouf e Shaftenaar sexan 3º e 4º da liga respectivamente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Baloncesto con P, de Palencia claro

todo por Palencia Baloncesto

@KIAenZona

Información sobre o Club Baloncesto Breogán S.A.D.

Blogoncesto

Información sobre o Club Baloncesto Breogán S.A.D.

ZonaOCB

Información sobre o Club Baloncesto Breogán S.A.D.