Análise Ourense Termal

Nova sección semanal en Somos Breogán, dende a que se pretende facer unha breve análise dos rivais breoganistas:

C.O.B vs Breogán (Pazo Paco Paz de Ourense, Sábado 9, 19:00 horas)

Breogán: 2º (4-1), +2.

C.O.B.: 10º (2-3), +1.

Segundo derbi galego na LEB Ouro para o C.B. Breogán no que vai de liga, esta vez a domicilio, no Paco Paz, ante un rival da entidade do Ourense Termal.

O conxunto ourensán, que este ano configurou un plantel de totais garantías, vén de gañar na difícil cancha rioxana do Cocinas.com por 81-94, logo dunha importante remontada na segunda metade do encontro. Feito que demostra o potencial e perigosidade deste plantel.

Un C.O.B que se intenta repoñer dun irregular arranque ligueiro, atoparase en fronte a un Breogán colíder que está a amosar moi boas sensacións neste tramo inicial da competición.

Preséntase un partido moi duro e igualado entre dúas escadras cun importante potencial.

A continuación, analizamos brevemente o equipo dirixido por Gonzalo García de Vitoria:

Bases:

Pedro Rivero: 10 anos en Leb Ouro, 3 en ACB e varios ascensos marcan a traxectoria de todo un clásico da categoría. Un dos mellores directores da competición. Base moi completo, capaz de dirixir e anotar dende calquera posición, moi perigoso dende a liña de 6,75 nos momentos claves do partido. Base referente no C.O.B. que acapara case 30 minutos en pista por partido para un total de 6,4 puntos e 4 asistencias de media.

Álvaro Frutos: Pouco máis de 10 minutos en pista para o base madrileño do C.O.B. cuxa labor principal se limita a dar descanso a Pedro Rivero no posto de 1. Pouco protagonismo ata o momento.

Aleiros:

Rafa Huertas (MVP): É o xogador exterior máis utilizado cun total de 32 minutos por partido. Xogador máis valorado do Ourense Termal con 14,6 de valoración. Referente exterior que promedia 15,6 puntos por partido. Excelente tirador e gran defensor. Moi coñecedor da categoría.

R. Luettgerod: Segundo ano nas competicións FEB para este escolta estadounidense, que tras unha excelente tempada en Prata pretende asentarse na segunda categoría do baloncesto estatal. Sen alcanzar uns excelentes porcentaxes dende a liña de 6,75 é un xogador perigoso en ataque. Promedía 12 puntos por partido en 23 minutos en cancha.

Edu Martínez: O ex-celeste é o terceiro aleiro en minutos no C.O.B. Excelente triplista. Perigoso se entra en racha. Promedia 3 puntos por partido en 14 minutos.

Julio González: Veterán aleiro vido a menos. Único que repite no C.O.B. do ano pasado. Excelente coñecedor da categoría e xogador de equipo. Sufre en defensa. Poucos minutos en pista este ano.

Pívots:

J. Kale: Cuarto ano na liga para este referente interior. Xogador moi preciado na categoría. Moi perigoso nas proximidades ao aro e no tiro a media distancia. Intenso en defensa e bo reboteador. Propenso a cargarse de faltas. Promedia 12 puntos e 6 rebotes.

Roberto Morentín: Xogador moi veterán na categoría. Coñecido da afección celeste. Perigoso tanto de espaldas ao aro como de cara. Bo tirador desde a liña de 6,75, aínda que co paso dos anos cada vez tira menos de 3. Promedia 8,6 puntos e 7,2 rebotes. Segundo en valoración do C.O.B.

Iván García: Ala-pivot catalán que está a gozar dun excelente comezo de tempada. Goza de bastante protagonismo e amosa certo perigo dende a liña de 3. 8 puntos e 6,2 rebotes son os seus números.

J. Carter: Moi pouco protagonismo para o interior estadounidense que promedia 4,8 puntos en 9 minutos en pista.

Rankings Individuais Liga en Top 10:

Anotación: Rafa Huertas (4º)

Rebotes: Morentin (9º)

Asistencias: Pedro Rivero (3º)

Balóns perdidos: Rafa Huertas (1º)

Tapones recibidos: J. Kalé (3º)

Mates: J. Kalé (4º)

Faltas Recibidas: Rafa Huertas (6º)

Faltas Cometidas: J. Kalé (7º)

Atención a:

Duelo de bases: Dous dos mellores bases da categoría, Dani Rodríguez e Pedro Rivero, veranse as caras nun encontro no que o que consiga impor o seu xogo e o seu ritmo, terá moito camiño andado, nun partido que se presume extremadamente igualado.

Batalla interior: Dous dos xogos interiores máis completos e compensados da categoría se enfrontarán no Paco Paz. Gañar a batalla na pintura pode ser clave.

Advertisements

Posted on 6 Novembro 2013, in Encontros. Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Baloncesto con P, de Palencia claro

todo por Palencia Baloncesto

@KIAenZona

Información sobre o Club Baloncesto Breogán S.A.D.

Blogoncesto

Información sobre o Club Baloncesto Breogán S.A.D.

ZonaOCB

Información sobre o Club Baloncesto Breogán S.A.D.