Construíndo un equipo

Adrián Chapela anotando diante de Rafa Luz (vía @fotofruqui)

Adrián Chapela anotando diante de Rafa Luz (vía @fotofruqui)

Parece que no económico os tempos que se presentan non son os mellores. Pero por un momento trataremos de abstraernos e sen pensar nos condicionantes que nos poidan frear, coido que temos sentadas as bases para construír un equipo que dea guerra nos vindeiros anos.

Os grandes proxectos das últimas tempadas na Leb van abandeirados por o selo da continuidade. Sobre todo do bloque europeo e do corpo técnico. Burgos, gran exemplo na categoría e Canarias todo un referente, con Alejandro Martínez á cabeza e un bloque no que apenas se retocan un par de posicións por ano.

Puidera ser esa a nosa situación ideal? Un opina que si. Coido que a maioría da afección estamos de acordo en que temos un técnico da casa, capaz de levar este proxecto ás cotas máis altas, cunhas ideas moi claras de xogo e unha filosofía ca que se pretende que todo o equipo comulgue: traballo, implicación e crecer dende a defensa. E ademais, non nos falta talento ofensivo.

En canto ao equipo, Manu é o máis veterano e haberá que ver como sae desta lesión. Dani Rodríguez está preto da trintena e é un base consolidado na liga, un dos mellores na súa posición e polo que moitos suspiramos moito tempo. Agardemos que dea moitas tardes de gloria este e en vindeiros anos.

E o resto, xuventude e a posibilidade de ir medrando ao mesmo tempo que o Breogán.

Adrián Chapela, unha das perlas lucenses con Brais Gago e Sergi Quintela, demostrou ter calidade e desparpaxo para xogar no Breogán. Se consigue mellorar o seu físico, hai xogador.

McGee, posiblemente non durará moito no noso equipo, ven co rol de anotador estrela e os xogadores USA son complicados de reter.

Álex López, un home xove e con experiencia que ano tras ano medra, un xogador que a todo adestrador lle gustaría ter no seu equipo.

Almazán, xogador que me está gañando encontro a encontro, é un home de nivel e que tamén me gustaría tivese continuidade.

Palsson, que imos dicir, sería un soño retelo aquí.

E Roeland e Diouf, dous xogadores determinantes en Leb que firmarán a bo seguro unha moi boa segunda campaña en Lugo.

Casos aparte os de Bortolussi, xogador que non conseguiu (polo momento) dar un paso adiante e ao que xa se lle deu a posibilidade de irse, e o de Charles. O xogador congoleño ten unhas grandes condicións, e un moi bo tiro, pero aínda non puidemos velo, nin parece que o vaiamos a ver a curto prazo. Precisará dunha maior adaptación.

Pero sobre proxectos seguro que hai ideas moi diferentes, e esta é a de un servidor. Anímovos a que comentedes as vosas.

#ForzaBreo

Advertisements

About Vinicius

Breoganista de hélice. Baloncesto e ciclismo. Chairego, lucense, galego. HBO fan. Namorado da miña terra.

Posted on 13 Outubro 2013, in Xeral. Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Baloncesto con P, de Palencia claro

todo por Palencia Baloncesto

@KIAenZona

Información sobre o Club Baloncesto Breogán S.A.D.

Blogoncesto

Información sobre o Club Baloncesto Breogán S.A.D.

ZonaOCB

Información sobre o Club Baloncesto Breogán S.A.D.