Resaca copeira / É o momento

Esta pasada fin de semana celebrouse a Copa Galicia, unha das datas que os breoganistas sempre temos anotadas no calendario.

O primeiro encontro disputouse entre Obradoiro e un COB que caeu con claridade ante o equipo Compostelán, e durante o que houbo un altercado entre policía e afección polo recurrente tema das bandeiras. Afortunadamente, a afeccionada agredida está ben. Parécenos importante aclarar isto contra os rumores que dicían que houbera enfrontamentos entre afeccións cando se produciu totalmente o  contrario.

O segundo turno foi para nós contra o Leyma Básquet Coruña. Xa tiñamos novas de que os Siareiros Cobistas non puideran entrar cos seus bombos ao encontro, e tamén nós tivemos importantes atrancos.

Tras unha espera de case 45 minutos para poder recoller as entradas que tiñamos encargadas, e temos que agradecer ao persoal da taquilla do Sar que nos facilitaron o acceso pese as trabas de FGB. Tamén tivemos que mostrar todas as nosas bandeiras á entrada, para que procederan a súa revisión. Caso curioso o da pancarta dos emBreogados (consistente nunha banda azul ao estilo da bandeira galega co escudo emBreogado no centro) ca que catro persoas de seguridade se recrearon uns cantos minutos decidindo se podía exhibirse no Sar ou non. Conseguimos estar nas nosas localidades por fin a falta de 10 minutos para o comezo do encontro.

Marea Celeste do Sábado (vía @fotofruqui)

Marea Celeste do Sábado (vía @fotofruqui)

Pero pasemos ao verdadeiramente importante, que foi o vivido no Sar. O sábado vimos un encontro no que os árbitros se erixiron en protagonistas sinalando faltas sen parar nos primeiros compases (o primeiro cuarto durou máis de media hora) e que cargaron en seguida aos nosos. Un Coruña moi loitador pese a que contaba con dous xogadores recén chegados, cun Ogirri especialmente motivado e un Cabanas pletórico.  64-70 e  vitoria para o Breogán. As 22.00 sabiamos que o domingo tiñamos dous partidos: na pista e na grada.

Presentación do Breogán no sar (vía @fotofruqui)

E por fin chegou o ansiado momento. Alí nos demos cita unha chea de breoganistas, máis de 300 segundo algúns. Non sabería dicir cantos, soamente que ao igual que o día anterior, cada un animou por 5 persoas, totalmente entregados.

Destacar que houbo un ofrecemento por parte de Zona Norte (segundo me contan) por se precisabamos dos seus bombos. Finalmente emBreogados poideron acceder cos seus propios.

Mate de Diouf (vía @fotofruqui)

Mate de Diouf (vía @fotofruqui)

E así comezou a nosa dobre loita. Sinceramente, ante un equipo presumiblemente moi superior, agardabamos perder con claridade, máis despois de ver a tunda que lle meteron a Ourense un día antes.  Pero os nosos guerreiros demostraron que podemos contar con eles, e non perderon a cara en ningún momento do encontro, con momentos incluso para o lucimento fronte ao equipo compostelán.

E para os que temiamos que cas rotacións nos superara o Obradoiro, non moito menos. Con Chapela, Álex López, Bortolussi e Palsson en pista, o equipo mantívose na mesma liña.

Adrián Chapela anotando diante de Rafa Luz (vía @fotofruqui)

Adrián Chapela anotando diante de Rafa Luz (vía @fotofruqui)

Sobráronnos algúns minutos ao final onde o cansazo fixo que se nublaran as ideas e o xogo non fora o mellor. Tamén hai que recoñecer (e Moncho así o fixo) que tivemos menos descanso. Independentenmente desto, e anque o marcador sinalou unha derrota por 77-70, moralmente e de cara ao afeccionado gañamos moito: as sensacións son moi boas. So lles podemos pedir que manteñan este compromiso e entrega toda a tempada, e os obxectivos iranse cumprindo. Por suposto, e permítanme a licenza, quero facer participe de todo isto a Lisardo Gómez, que demostrou tamén estar sobradamente preparado para levar o noso club (e todo isto a pesares de ser de Lugo!), a Quique Fraga, a Miragaya, a Belén, a Fran de Andrés, a Javi Gómez e a Juan Carlos Castro; e en definitiva a todos os que tiveron que ver na confección do equipo e no seu bo facer día a día.

Sobre o outro encontro, o disputado na grada, non podo dicir se gañamos ou perdemos, pero creo que a normalidade ca que se desenvolveu esta Copa Galicia obrígame a diicr que quen gañou foi a festa do baloncesto galego. Quedou patente que a #MareaCeleste non falla, nin fallará nunca a este equipo e que está moi por riba de certas persoas que lonxe de axudar están perxudicando ao noso equipo. Pero esa é outra historia da que xa falamos moitos. Un ánimo continuo, alentando aos nosos bravos xogadores a pelexar ata o final, algo que non che poden ofrecer en todas as pistas.

A marea celeste despide ao equipo (vía @fotofruqui)

A marea celeste despide ao equipo (vía @fotofruqui)

Todo isto ten que servir, sen dúbida para que toda persoa que sexa afeccionada ao básquet, ou que guste do deporte, que leve ao Breo no corazón como todas esas gorxas que animaron en Santiago, apoien ao Breo en forma de masa social, abonándose e traendo novos abonados. Porque se nalgún momento o club necesitou da súa xente, este ano, máis que nunca, é o momento. É tempo de loita, é tempo de Breogán:

ABONATE

Advertisements

About Vinicius

Breoganista de hélice. Baloncesto e ciclismo. Chairego, lucense, galego. HBO fan. Namorado da miña terra.

Posted on 25 Setembro 2013, in Xeral. Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Baloncesto con P, de Palencia claro

todo por Palencia Baloncesto

@KIAenZona

Información sobre o Club Baloncesto Breogán S.A.D.

Blogoncesto

Información sobre o Club Baloncesto Breogán S.A.D.

ZonaOCB

Información sobre o Club Baloncesto Breogán S.A.D.