Previa da Copa Galicia con Lisardo Gómez

Observando o quecemento. Foto de Pat M.A.S.

Observando o quecemento. Foto de Pat M.A.S.

Comeza o bo, o que máis nos gusta aos afeccionados que é o baloncesto. Mañá día que moitos breoganistas temos marcado na nosa axenda como un dos días máis importantes desta pretemporada: o comezo da Copa Galicia. Imos a este torneo ca ilusión de pelexar ao máximo e cun bloque de xogadores que nos está facendo vibrar nesta fase preparatoria do curso. Qué mellor que falar co técnico celeste para que nos conte as súas impresións sobre a preparación previa a esta importante cita.

Semella que xa temos o equipo pechado, quedas satisfeito ca confección do mesmo?

Si, estou satisfeito, a pesar de que puidera ser máis longa, pero tendo en conta os recortes presupostarios, estou moi contento, xa non solo polas novas incorporacións senón polo esforzo que están demostrando, traballando moi duro; poucas plantillas haberá que traballen tanto.

Como valoras a adaptación dos novos?

Estou francamente contento. A algún cústalles algunha cousiña máis que a outros, pero a relación do grupo francamente é moi boa a pesar de competir duro cada día, e nótase moito esta boa convivencia.

Xa levamos 3 semanas de pretempada, como a valoras ata o de agora?

Cos típicos problemas de tempada, como o de Dani na man, pero o agardado para esta pretempada. Queremos chegar aos encontros máis frescos que nos primeiros, por exemplo contra Ourense, incluso case mellor do agardado. É certo que estes encontros son para practicar, para crear ilusión na afección e por último non é o mesmo o ambiente despois de gañar que de perder, pese a ser amigables.

Como afrontamos o playoff? En que estado se atopan os xogadores? Obxectivo para esta Copa Galicia?

Chegamos ben, despois de reservar contra Oviedo. Chegamos ben fisicamente e de ideas. O meu obxectivo é tentar gañar mañá, a un equipo un pouco sorprendente con respecto ao que agardabamos co cambio de americano e ca chegada de Haanpää que non apostábamos que chegaran tan lonxe no europea. Pero dirixidos por un adestrador moi veterano como Tito e un equipo que competiu moito. Obxectivo gañar e poder xogar o domingo, danos igual con un ou outro.

Parece que contaremos cunha nova Marea Celeste, especialmente se pasamos rolda moita xente ten intención de desprazarse.

Pouco queda por dicir, dar as grazas por adiantado, porque vai ser outra marea celeste, e xa van moitas. Un luxo sentirse arroupado fora. Fálolles aos xogadores do que significa este, e mañá e se chegamos o domingo vano comprobar e dará afección.

Sobre as palabras de Casadevall algo que obxectar?

Eu nunca falei de número de xogadores, e falei que era unha plantilla longa e de calidade, e seguro que todos os adestradores da competición o fan. Iso para min non é unha crítica, senón todo o contrario, un eloxio, estano facendo moi ben sempre arriba e con xogadores de calidade.

Advertisements

About Vinicius

Breoganista de hélice. Baloncesto e ciclismo. Chairego, lucense, galego. HBO fan. Namorado da miña terra.

Posted on 20 Setembro 2013, in Entrevistas, Xeral and tagged , , , , , . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Baloncesto con P, de Palencia claro

todo por Palencia Baloncesto

@KIAenZona

Información sobre o Club Baloncesto Breogán S.A.D.

Blogoncesto

Información sobre o Club Baloncesto Breogán S.A.D.

ZonaOCB

Información sobre o Club Baloncesto Breogán S.A.D.