Deixadez manifesta ou deixadez intencionada?

Inquedanza en Lugo entre os seguidores breoganistas, ante o incerto futuro ao que camiña o Breogán baixo o mandato de Antonio Veiga e co beneplácito de Besteiro.

breoganismoenloitaA Deputación, ven de coñecer o resultado da auditoría externa para coñecer o valor das accións do C.B.Breogán das que se quere desfacer. Resultou que nesta auditoría sae un valor moi pobre, por mor de non ter conta o que seguramente sexa o principal activo do club: un canon depositado en ACB de 3.050.000 € máis o correspondente IVE, canon imprescindible para materializar un hipotético ascenso a esta categoría e que na actualidade só conservan na Leb Ouro Club Ourense Baloncesto SAD e Breogán SAD (é dicir, son os únicos que non o terían que pagar nun hipotético ascenso). O non telo considerado na auditoría, posiblemente resultou nunha valoración tan pobre das accións, proclamando a Deputación ( na boca de Mario Outeiro) como unha perda para o organismo provincial de preto de un millón de euros. As que non viron a luz son as informacións que din que a Deputación mercou estas accións no seu momento co diñeiro que o Breogán ingresou procedente do fondo de descensos (fondo de aproximadamente 1,5 millóns que se deposita na ACB ao ascender e que esta che devolve en caso de descenso – non confundir co canon – ), disimulado a través dun aluguer das instalacións, segundo revelou recentemente un xornalista lucense.

Moitas perdas económicas contribúen tamén a diminución de valor das accións, pero moitas desas perdas van ligadas ás fundacións que a propia Deputación creou e usou ao seu antollo en diferentes momentos? Na actualidade a Fundación Balogal segue a recibir subvencións sen recortes para fins pouco claros e precisos, mentras esta adebeda dende fai tempo, case 250.000 euros ao C.B.Breogán e sen perspectivas de cobro.

A cobertura informativa dos medios locais e autonómicos respecto do Breogán é cada vez máis excasa. E resulta curioso como algúns destes medios de comunicación camiñan da man dos intereses da Deputación, dicindo verdades a medias cun claro fin.

Así mesmo, vense de perder a maior achega de capital privado ca que se financiaba o club ante a pasividade do seu presidente, e vicepresidente da Deputación Antonio Veiga, quen non chegou a presentar ao patrocinador histórico do club a proposta de proxecto para o club que o patrocinador solicitara. Un patrocinador que viña aportando aproximadamente o 10% do presuposto do club. Entendemos  que se produciu unha situación de desidia que levou a perder este importante ingreso mentres pretendemos a redución da inxección de fondos públicos no club.

Sobre todo este particular, a formación nacionalista coida que o desgaste político é asumible, pero as reaccións cidadás fanse notar. Pouca transparencia nun asunto que se limita a comunicados de prensa na páxina da Deputación, e na que nin Veiga nin Besteiro se manifestan abertamente.

Coñecidos son os problemas de liquidez que adoita ter o club pasados os primeiros meses da temporada que se cubrían con diñeiro procedente da campaña de abonados e do patrocinador. Qué ocorrerá este ano, co orzamento xa feito? Que ocorrerá a partir de 2014 cando a Deputación xa non estea e sen o patrocinador principal nin outro que o substitúa? Deixará a Deputación de Lugo a débeda xerada baixo o seu mandato no club a 0 para garantir un mínimo de estabilidade unha vez se vaia? Pedimos que se clarifique canto antes o futuro do club, un plan de viabilidade e unha solución para paliar a perda do patrocinador.

Advertisements

About Vinicius

Breoganista de hélice. Baloncesto e ciclismo. Chairego, lucense, galego. HBO fan. Namorado da miña terra.

Posted on 24 Agosto 2013, in Xeral. Bookmark the permalink. 1 comentario.

  1. Perfectamente explicados los antecedentes ahora “sólo” falta que nos expliquen que hará la máxima accionista con el club,venta de acciones,deuda,(concebida con su mirada hacia otro lado),cante3ra…y muchas más cosas que se debían saber ya, pero que parece que no están por la labor,más bien parece que su objetivo es hacer daño.La afición del Breogán siempre fue ejemplar pero creo que están llegando al límite y la guerra puede surgir en cualquier momento,esto está muy vivo pese a que a ellos al principio no se lo pareciese.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Baloncesto con P, de Palencia claro

todo por Palencia Baloncesto

@KIAenZona

Información sobre o Club Baloncesto Breogán S.A.D.

Blogoncesto

Información sobre o Club Baloncesto Breogán S.A.D.

ZonaOCB

Información sobre o Club Baloncesto Breogán S.A.D.