Á atención dos señores Veiga e Besteiro

Señores Veiga e Besteiro, como responsables directos do que está a pasar no club falaremoslles algo do que é. O Breogán é unha entidade baloncestística da cidade de Lugo fundada no ano 1966 polos irmáns Varela Portas e Pardo. Un dos clubs máis importantes na historia do baloncesto español, ocupando a novena praza no ranking.

479944_10151266252058747_497019821_n

Pero é moito máis ca iso. É un escudo, unhas cores. O Breogán é un sentimento. Sentimento que fai que milleiros de afeccionados organicen a súa fin de semana en base a onde e cando xoguemos. Que fai que viaxen centos de quilómetros para asistir aos encontros, dende Lugo, Sarria, a Mariña Lucense, Coruña, Vigo, Ourense e máis alá de Pedrafita. Que conta con abonados en Madrid, nas Canarias e espallados polo mundo adiante. Que fai que aparezan instantáneas ca camisola celeste en Centroamérica, Lituania, Italia… Por todo o mundo. E que fai que os seus afeccionados percorran nun día miles de quilómetros para ver un partido decisivo. Incluso, en clave humorística, a algún lle xenera algunha que outra disputa de parella por dar preferencia ás cores breoganistas. E é para toda esta xente unha ilusión de acadar algo grande.

Tamén é un espello para os máis novos. No Pazo é habitual ver a moitos nenos. E máis en ACB, gradas poboadas de colexios. Eses nenos, queren ser como os seus ídolos, ou alguén dubida de que moitos decidiron xogar ao baloncesto cando viron xogar a Charlie Bell? Se isto non fomenta condutas saudábeis qué o fai? (sen desmerecer a todas as outras disciplinas deportivas da cidade, que hai unhas cantas de interese). Cantos nenos hai nos clubs de base de baloncesto da provincia? Moitos, por a paixón por este deporte.

Por suposto é unha oferta de ocio na cidade. Cidade que non ten a oferta cultural e deportiva de outras como A Coruña, Santiago, Vigo… Son as cañas antes dos encontros, os xantares ou cenas de despois, reverten diñeiro na cidade, especialmente no sector hostaleiro. Son equipos enteiros aloxados na cidade, e noutros tempos desprazamentos masivos dende outros lares da xeografía española. Na retina teño unha imaxe da demencia tomando boa parte dun dos fondos do Pazo, iso non reverte en diñeiro para a cidade? Ademais de levar o nome da provincia e cidade por a xeografía española e os medios de comunicación.

Señores, non podo dicir se están deixando morrer ao enfermo ou o están matando, pero o de onte é máis terra sobre o noso cadaleito. Queda patente a incompetencia da Deputación que soamente sabe ingresar diñeiro público e nin unha decisión acertada. Sinalamos directamente a Antonio Veiga como responsable, e ao señor Besteiro. Besteiro non é capaz de gobernar a súa casa e quere gobernar Galicia.

Por se algún dos nosos lectores non sabe do acontecido, onte perdemos a maior partida de capital privado que entraba no club. O grupo Leite Río convertese en patrocinador por tres tempadas do Obradoiro. Nin no mellor guión dun filme poderían facer algo que doera tanto en Lugo. Os motivos de Lence son claros: pediu unha reunión con Antonio Veiga onde lle explicara o proxecto breoganista, e se lle garantían que non ía haber problemas para a imaxe da súa marca, accedería. Canso de esperar decidiu marchar co máximo rival. O equipo compostelán susténtase no que algún día foi noso. Algo que persoalmente non lle perdoarei nunca ao señor Veiga.

Isto é un dano irreparable. A tempada está en marcha e sairá adiante tal e como estaba previsto. A ausencia de patrocinio pode supor problemas de liquidez en certos momentos que xenerarán moitas tensións. Pero o gran problema é cara ao futuro. Un drama con maiúsculas o que se nos presenta. Futuro moi negro neste momento.

Facemos un chamamento a toda a sociedade, porque nesta guerra perdemos todos. Afeccionados de a pé, medios de comunicación, políticos e todo o que se queira sumar. Marchan con todo para a capital, non podemos deixar que nos afoguen. Ata o centralismo se impón aquí.

#ForzaBreo #BreoganismoEnGuerra

Advertisements

About Vinicius

Breoganista de hélice. Baloncesto e ciclismo. Chairego, lucense, galego. HBO fan. Namorado da miña terra.

Posted on 21 Agosto 2013, in Xeral. Bookmark the permalink. 1 comentario.

  1. La piel de gallina, al leer este articulo. No digo más

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Baloncesto con P, de Palencia claro

todo por Palencia Baloncesto

@KIAenZona

Información sobre o Club Baloncesto Breogán S.A.D.

Blogoncesto

Información sobre o Club Baloncesto Breogán S.A.D.

ZonaOCB

Información sobre o Club Baloncesto Breogán S.A.D.