Os xogadores que están por vir serán xogadores de garantías

Nesta ocasión tivemos a oportunidade de falar brevemente co técnico celeste Lisardo Gómez, quen nos transmitiu as súas impresións sobre a actualidade deportiva do equipo.

Sobre a configuración da plantilla, manifestou que se confiaba na contratación de Scott Bamforth, xa enrolado no Cajasol andaluz. Pese a isto manifestouse tranquilo: “hai moitos xogadores no mercado, e estamos a mirar todas as opcións buscando afinar moito no que precisamos” pese ao que tamén aclarou “non nos centramos nun perfil único, como poidera ser o dun tirador do tipo de Bamforth, se non que manexamos diferentes opcións”. “Estamos traballando moito para que estes xogadores que están por vir sexan xogadores de garantías”

Adrián Chapela, unha das grandes esperanzas desta tempada

Adrián Chapela, unha das grandes esperanzas desta tempada

Acerca do número de integrantes do plantel foi taxante: “serán dez os xogadores que comecen a tempada, a economía e a nosa condición de SAD limítannos fronte a outros equipos, de aí a importancia de afinar moito nas dúas fichaxes restantes, o dous e o catro, máxime cando contamos con dous xogadores que soben do Estudiantes”. Non se descarta así mesmo que se incorpore algún xogador no transcurso da tempada.

A intención do noso adestrador é contar con varios vinculados do Estudiantes, a poder ser catro, aínda que polo momento non pode darnos nomes xa que non se coñecen con exactitude todos os xogadores que seguirán no cadro estudiantil.

No tocante ao comezo dos adestramentos, os xogadores serán citados posiblemente para a última semana de agosto. Nesta fase de preparación haberá “nin menos de sete nin máis de oito encontros”. Disputaranse contra os conxuntos máis próximos xeograficamente, sen descartar algunha sorpresa.

Preguntado pola Copa Galicia, o técnico breoganista di non ter confirmación dos encontros da rolda previa, pero vendo a presenza de Marín como equipo da Leb Prata supón que xogaremos contra eles esta previa. De pasar rolda xogaríase contra o Leyma Coruña as semifinais, indo polo outro lado do cadro Cambados, Ourense e o rival a bater, o Obradoiro.

Advertisements

About Vinicius

Breoganista de hélice. Baloncesto e ciclismo. Chairego, lucense, galego. HBO fan. Namorado da miña terra.

Posted on 14 Agosto 2013, in Xeral. Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Baloncesto con P, de Palencia claro

todo por Palencia Baloncesto

@KIAenZona

Información sobre o Club Baloncesto Breogán S.A.D.

Blogoncesto

Información sobre o Club Baloncesto Breogán S.A.D.

ZonaOCB

Información sobre o Club Baloncesto Breogán S.A.D.