Coñecendo a… Javier Gómez

Inauguramos a que pretendemos que sexa unha sección onde coñecer mellor aos integrantes do C.B.Breogán. Tentaremos que no futuro pasen por aquí o corpo técnico e os xogadores que integrarán o equipo celeste. Nesta ocasión, comezamos polo director xeral do club, ao que tentaremos coñecer un chisco mellor. Prohibido falar de basket!

 

Javi Gómez acompañado de Lisardo no Pazo

Javi Gómez

Onde e cando nace Javier Gómez?

O 2 de Xullo do 82, nacer nacer, literalmente en Lugo, pero crieime en Becerreá. Na avenida de Navia, 4.

Non fan falla tantos datos, a ver se van a túa casa logo!

Non, é casa pública porque é un bar! Entón que vaian, que vaia todo o mundo…

E preferiblemente a consumir non?

Por suposto.

Onde pasaches a túa infancia e xuventude?

A medias entre Lugo e Becerreá. Vivín en Lugo a miña infancia porque miña nai vivía aquí, e meu pai traballaba e pasaba moito tempo en Becerreá e despois a partires dos oito anos marchei para Becerreá.

Onde estudaches?

Todo escola pública. Comecei un par de anos aquí nos Maristas en Lugo e de feito a visita que fixemos para min foi moi especial xa que non volvera. Despois en Becerreá ata a etapa universitaria que a fixen aquí en Lugo, Filoloxía Hispánica na Facultade de Humanidades; e a tesiña na facultade de Filoloxía en Santiago.

Profesionalmente, ademais de ao Breogán a que te adicas ou adicabas?

Fun profesor un tempo na Academia Postal e logo durante varios anos na Universidade de Santiago de Compostela no departamento de Teoría da Literatura, a través dunha beca, cun contrato por obxectivos de investigación. Aparte diso son crítico literario, aínda que non podo dicir que sexa público e notorio porque ao mellor non me lee ninguén…

Alguén te lee, alguén…

Si, alguén. Son crítico literario no “El Progreso” e sigo facéndoo nos meus ratos libres quitándolle horas ao sono.

Dende a túa perspectiva de docente, qué opinas sobre o camiño que está tomando o ensino?

É unha opinión moi subversiva, porque agora mesmo céntrase moito o tema entre ensino público e privado, ou as dotacións que pode ou non haber. Para min falla tamén o método, son contrario a estas cuestións que se centran máis na pedagoxía, facemos máis fincapé no como que no qué. Non podes pedir á xente que entenda a política cando non entende nin a economía, nin historia, nin nada… Estase a liquidar coma se fose pernicioso o ensino baseado na memoria, cando é a que permite basear reflexións e construír un sistema de pensamento ou de valores. Como anécdota levo varios días rindo porque a candidatura de Madrid 2020 lle poña ao campo de tiro “Paracuellos Shooting Center”. En resumo, eu estudei en escola pública e defendo unha escola pública de calidade e laica.

Recoméndanos algún libro, aínda que a bo seguro tes miles…

Son moi malo para recomendar libros, xa que os meus gustos son un pouco “extravagantes”.  Non son lector do que a meirande parte da xente. Depende dos gustos de cada un…

Algo que che gustara recentemente?

Pois gustoume o que saía no Progreso o outro día, “La sinagoga vacía” de Gabriel Albiac, que é un libro sobre mesianismo místico xudeu no S. XVII (http://elprogreso.galiciae.com/nova/267432-anatema) pero que non é o libro máis entretido do mundo.

A min gústanme moito os libros da II Guerra Mundial, de historia, como a Leonavicius, compartimos gusto. Sobre este tema se teño que recomendar un libro “La Segunda Guerra Mundial” de Winston Churchill. En español está abreviada, en inglés ten seis volumes, está moi ben.

Últimamente, a biografía de John Maynard Keynes, economista británico, de RBA escrita por Robert Skidelsky. De narrativa, non leo moito ultimamente e os best sellers directamente danme noxo, son coma o telefilme de despois de xantar cando non hai Tour de Francia; pero hai libros que se poden atopar en calquera libraría como “La forja de un rebelde” de Arturo Barea, libros de Torrente Ballester, os clásicos, clásicos de contos… Se logo nos imos a libros de nenos o meu preferido é “El Pollo Pepe”, son destas cousas que miras por as sobriñas. E Os Bolechas!

¿Musicalmente, cales son os teus gustos? E pregunta obrigada, es dos Rolling ou dos Beatles?

Eu son máis de Rolling. Son analfabeto funcional no tema musical. Traballar ca persoa que traballo máis estreitamente actualmente estame ensinando moito. Son ecléctico, non podo dicir que sexa fan dun único estilo de música. Sempre traballo con música. Música española: Andrés Calamaro, son fan de Calamaro e Los Rodríguez. Sabina tamén. Música en inglés: moi diversa, máis dos Rolling que dos Beatles, iso sí. Non fago ascos a nada. Por razóns sentimentais xa que lle gusta moito a meu pai, Bob Marley. E o último, estou aprendendo a que me guste Wilco. E do Spotify teño unha lista das 500 mellores cancións da Rolling Stone, e so teño un disco descargado no telefono que é un grandes éxitos de Bruce Springsteen.

Televisión, series, filmes?

Televisión a nivel ordinario moi pouca, por traballo. Ver o telexornal ponme de moi mala maneira. Pero obrígome a ver o telexornal e son fan de Ana Blanco.

Despois son fan de “The Wire” e de “El ala oeste de la Casa Blanca”. É máis, concretamente son fan (para os que viran a serie) de Josh Lyman, é o meu modelo televisivo. En canto a se hai máis fans de “The Wire” no Pazo que non se estrañen se entran e escoitan o asubío de Omar. Pero se teño que elixir un único show de televisión, está claro que sería “The Simpsons”, forman parte dunha filosofía, con bromas internas, e que é moi moi coñecida por todos.

¿Segues algún outro deporte?

Todos.

Curling tamén?

Tamén, seguino porque me chamou a atención que nun campionato do mundo participara Escocia.

Sigo o fútbol moi intensamente, son socio do C.D. Lugo e un fanático do Barça.

Isto vaiche traer enemizades!

(risas) Tamén gústame saber de fútbol, e por exemplo á xente do Madrid métolles moita caña porque moitas veces coñezo mellor a súa historia ca eles. Gústanme os libros de xadrez, aínda que está por ver se é un deporte ou non. Algúns deses libros, recomendados por Chete Pazo. Encántame o ciclismo, que ademais favorece a miña formación lingüística para ter libros en francés, que é o idioma no que máis libros en francés hai e que son unha marabilla.

E en xeral case todo o que caia, aínda que non me gusta ver vela, nin golf, tiro olímpico, etc. Aos que lles recoñezo a dificultade de practicalo.

¿Un lugar que visitar?

Sentimentalmente e por todo sempre recomendo Becerreá e os Ancares. Hai que tirar pola terra e en verdade é bo sitio para vivir e pasar tempo. Se teño que escoller un sitio da miña experiencia persoal, dentro de España tiraría por Barcelona, dentro de Europa por París. En ambas me atopei moi cómodo, aínda que en París a variedade idiomática é máis complicada, e o meu francés lido é bo, pero falado non.

¿Gastronomía… para comer Lugo… qué nos recomendarías?

Gústame moito comer e gústame moito cociñar. Comida na miña casa fundamentalmente. Son bastante cosmopolita. Un dos sitios onde mellor comín na miña vida é un restaurante coreano de dubidoso aspecto en Koreatown en New York. Por aquí por Lugo varios sitios. Como Luis, o dono, é un bo breoganista, Santa Comba. Aí foi onde comín con Leo. Hai outros locais de hostalería que colaboran co club e nos que como habitualmente e están moi ben. Un sitio un pouco diferente e que me guste: atópome moi cómodo comendo no Cantiño.

Algún prato en particular? Sendo de Becerreá, carne?

Gústame moito todo. Carne, peixe, marisco… os callos non me facían moito chiste ata hai pouco por un deses típicos traumas infantís, pero en definitiva son desta xente educada á antiga usanza que como o que me poñan no prato.

Algún defecto que recoñezas? E virtude?

Defectos moitos. Son impaciente e cando pasan as cousas teñen que ser xa, xa. Tamén son impaciente no tema intelectual, e se vexo algo dunha maneira, podo explicarcho de 20 maneiras, pero tes que entendelo. Son unha persoa con mal humor, córtome, pero teño mal pronto. Máis defectos, soberbia intelectual se lle queres chamar así, é moi recoñecible, podo ser pedante. Outro (que ao final en público o disimulo, consigo cambiar o chip) é que son moi mal falado, digo moitos tacos, e agora cas sobriñas teño problemas cando comentamos cousas na casa, por exemplo de política… co cal estou en proceso de transformación en Ned Flanders. As veces os tacos serven lingüisticamente de muletillas para organizar o pensamento, que en público se substitúe por silencios. Outro anecdótico: conduzo mal. Non tiven accidentes nin multas, pero nin me gusta nin conduzo ben. E xa tes uns cantos defectos

As virtudes… é mellor que as digan outros. Pero creo que me involucro sempre ao máximo nas cousas que estou. A miña mellor virtude creo que é a curiosidade, teño curiosidade por todo. Por exemplo, aínda que son de letras gústanme moito os libros de ciencias, por exemplo comparto con Julio González o gusto por os libros de física, sobre todo de física cuántica e as súas derivacións atómicas. “The making of the atomic bomb” de Richard Rhodes para min é un dos mellores libros que lin nos últimos anos con moita diferenza. Tamén me considero unha persoa con boa capacidade de traballo, na casa inculcáronme que sempre podes facer un pouco máis de traballo, un minuto máis, unha xestión… Non me importa perder o sono ou o xantar por traballar. Non me gusta tampouco coller vacacións, e vou coller algúns días porque me “obriga” Julio.

Advertisements

About Vinicius

Breoganista de hélice. Baloncesto e ciclismo. Chairego, lucense, galego. HBO fan. Namorado da miña terra.

Posted on 9 Agosto 2013, in Xeral. Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Baloncesto con P, de Palencia claro

todo por Palencia Baloncesto

@KIAenZona

Información sobre o Club Baloncesto Breogán S.A.D.

Blogoncesto

Información sobre o Club Baloncesto Breogán S.A.D.

ZonaOCB

Información sobre o Club Baloncesto Breogán S.A.D.