Cara onde camiñamos?

banner2.png

Os últimos acontecementos en torno ao Breogán volven a preocupar a afección lucense. Se xa estabamos expectantes ante as posíbeis decisións que tomara a Deputación acerca do proceso de enaxenación do accionariado breoganista, temos que sumar algunha preocupación máis.

En primeiro lugar, moi claro foi o xornalista Paco Basanta desvelando unha información que moitos de nós descoñeciamos acerca do proceso de compra de accións por parte da Deputación. A continuación recollemos as súas intervencións:

“¿Sabe la @depulugo que una parte importante del dinero con el que compraron las acciones del @CBBreogan provenía del club lucense?.

Por si conviene revisarlo… el origen está en un compromiso no cumplido por parte de la Diputación. Se cobraron unos servicios…

Esos servicios solo se cobraron un año, con compromiso de devolución… en teoría para ayudar al club que acababa de recibir unos ingresos importantes (canon ACB) tras su penúltimo descenso

¿ahora se pretenden vender esas acciones….?”

Como puideron mercar as accións co canon?

O breoganismo pedimos unha rolda de prensa onde se aclaren todas estas cuestións, xa que é un tema que consideramos de máxima gravidade. Seguimos a arrastrar débedas que non se xustifican,  a fundación adebédanos cartos e non sabemos as razóns (e dáse por perdido); o compromiso da débeda cero foise como chegou… Pode que perdamos ao patrocinador por non presentarlle o proxecto, cal é ese proxecto? (xa que parece que hai dous camiños diferenciados e a afección aposta por un e a deputación por outro). Qué pasa ca auditoría e as accións? Pedimos información e máxima transparencia, xa que unha vez marche a Deputación outros terán que entrar e para iso a situación do club ten que ser coñecida por todo o mundo.

Por outra  banda, onte apuntabamos a un rumor dunha posible saída do director xeral do club, Javier Gómez, outro motivo para a preocupación, moi ligado as inquedanzas de moitos afeccionados breoganistas. Co nomeamento na vicepresidencia de Manuel Botana, ligado ao Estudiantes moitos temen, tememos que o club de formación (Estudiantes Lugo) tome o poder do club profesional da cidade, é dicir, o Breogán. Dende Somos Breogán valoramos positivamente o traballo de Estudiantes Lugo ca canteira, igual que é salientable o traballo que fan outros clubs de base como Cidade de Lugo, Ensino, etc… Pero tamén consideramos que non deberían ter un peso tan grande no consello de administración do Breogán, xa que compre lembrar que somos dous clubs distintos.

Chegados a este punto pensamos que vistas as tensións que xorden sería mellor rachar con o convenio de colaboración e seguir camiños separados, desexando o mellor a cada unha das partes no futuro, e porque non, seguir colaborando no posible pero cada un na súa casa.

O que realmente nos importa é o mellor para o Breogán. Esta xente que entrou nos últimos tempos representaba os anhelos do breoganismo: xente que quere ao club sen ningún tipo de interese persoal, que non se casan con ninguén e so pretenden o futuro para o Breo. Este tipo de xente é a que queremos que guíe ao club a onde se merece.

Forza Breo! #BreoganismoEnLoita

Advertisements

About Vinicius

Breoganista de hélice. Baloncesto e ciclismo. Chairego, lucense, galego. HBO fan. Namorado da miña terra.

Posted on 6 Agosto 2013, in Xeral. Bookmark the permalink. 2 Comentarios.

  1. Moitas dúbidas na xestión da deputación. O que está claro e que a maioría da afección lucense síntese decepcionada por ese mal trato ao Breo e aos seareiros. E por enriba os poucos breoganistas de verdade que había na directiva, os que dan a cara polo club, os que teñen un proxecto que non teñen que agochar, os que non hipotecan ao club senon que tratan de liberalo de hipotecas pasadas, os que nos dan forzas aos seareiros para facer 1300 km nun dia por ver ao club pelexar polo ascenso, son os que van perdendo peso nas decisions e se ven forzados a marchar. Moita tristura e decepción.

  2. Totalmente de acuerdo. Que hablen de una vez. Esta situación ya no se puede aguantar más. Los aficionados del Breo nos lo merecemos.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Baloncesto con P, de Palencia claro

todo por Palencia Baloncesto

@KIAenZona

Información sobre o Club Baloncesto Breogán S.A.D.

Blogoncesto

Información sobre o Club Baloncesto Breogán S.A.D.

ZonaOCB

Información sobre o Club Baloncesto Breogán S.A.D.