Encarando a vindeira tempada

Unha vez inscrito o club na vindeira Leb Ouro, comezamos a afrontar o futuro. Semella que manteremos unha liga de 14, onde por desgraza desaparecen clásicos como Cáceres e un Alicante en situación delicada. No positivo quedamos ca continuidade de Ourense (que foi o que máis complicado o tivo) e Coruña, e é que os derbis son dos encontros máis agardados da tempada. Tamén vemos como posible desprazamento a visita a un Oviedo que debuta na categoría.

O equipo dirixido por Lisardo Gómez comeza a tomar forma. Aos xa confirmados Manu Gómez, Adrián Chapela e Charles Nkaloulou súmaselles agora unha fichaxe de luxo: Dani Rodríguez. Posiblemente un dos mellores bases que quedaban na Leb sen contrato e que é xogador do agrado da meirande parte da bancada breoganista, un tipo de xogador polo que se viña suspirando nos últimos anos.

Dani Rodríguez ca elástica cacereña

Dani Rodríguez ca elástica cacereña

Co director principal xa confirmado, parece que se perseguen dous obxectivos inmediatos.

O primeiro a contratación dun aleiro alto. Para este soou con forza Miki Feliú, posiblemente outro dos mellores xogadores da competición na súa posición e que semellaba moi próximo (o propio Javier Gómez se mostrou “moderadamente optimista”). Pode que a irrupción no mercado de Burgos e Melilla dificulten o traspaso, e incluso non se descarta algunha opción de ACB para o xogador catalán, o cal é unha boa mostra da sua importancia nesta competición.

O segundo obxectivo prioritario, sería a renovación de Roeland Schaftenaar. O espigado xogador holandés vería con bos ollos continuar vestindo a celeste, e no club sen dubida que tamén.

Ten contrato en vigor Álex Bortolussi. O seu axente, Fabio Spinella manifestou que xogará en Lugo o vindeiro ano, pero hai unha rumoroloxía que apunta a unha posible saída do aleiro arxentino que non está gozando de moita continuidade no equipo celeste.

Outra das incógnitas é a situación dun Érik Quintela que rematou francamente ben a tempada e do que se está a falar máis ben pouco.

Na configuración do plantel tamén parece moi probable a figura dun 4 americano e dun escolta que poida axudar no posto de base. Incluso se comentou a posibilidade da renovación de Edu Martínez (se ben a presenza de Charles e Bortolussi, máis a posible fichaxe do ansiado 3 pecharía moitas portas).

Será importante tamén ver que xogadores poden quedar vinculados dende o Estudiantes: Brais, Sergi, Reyes, Wildner, Martín… Son algúns dos candidatos, aínda que descoñecemos se todos permanecerán no cadro estudiantil.

Sen dúbida estes primeiros movementos parecen moi ilusionantes, e fará que máis de un desexe que chegue a campaña de abonados.

No aspecto institucional, gustaríanos comentar algunhas das novas que xurdiron da participación de Julio González no programa Galicia en Goles deste pasado sábado. Ademais da xa sabida saída da Deputación do accionariado do Breogán, destacar unha que pode ser moi positiva, é que hai algúns movementos cara a ter un novo presidente na vindeira tempada. Puidera ser algún empresario lucense. Julio González tamén falou sobre a posibilidade de manterse o patrocinio de Leite Río, manifestando que Lence quere seguir a patrocinarnos e que ao Breogán lle interesa ser patrocinado por dita empresa. Por tanto, entendemos dende Somos Breogán que o acordo debería manterse.

Outro dos temas comentados onte nas redes sociais foi o da partida de 205000 € que chegou ás arcas breoganistas no mes de xuño, e que moitos atribuímos a liquidar a débeda con Raúl López. Segundo se manifestou, este diñeiro foi destinado a dotar ao club de liquidez suficiente para evitar a execución do aval. Esta falta de liquidez deberíase ao cobro tardío dalgunha subvención, neste caso por parte do Concello. Neste momento, por tanto, cífrase a débeda nuns 337000 euros, sendo o obxectivo do máximo accionista, a Deputación a débeda cero.

Agardemos ter noticias nos vindeiros días de todos estes aspectos, e que sexan para ben.

Advertisements

About Vinicius

Breoganista de hélice. Baloncesto e ciclismo. Chairego, lucense, galego. HBO fan. Namorado da miña terra.

Posted on 22 Xullo 2013, in Xeral. Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Baloncesto con P, de Palencia claro

todo por Palencia Baloncesto

@KIAenZona

Información sobre o Club Baloncesto Breogán S.A.D.

Blogoncesto

Información sobre o Club Baloncesto Breogán S.A.D.

ZonaOCB

Información sobre o Club Baloncesto Breogán S.A.D.