Un verán movido?

479944_10151266252058747_497019821_nSemella difícil ter un verán tranquilo para os que somos seguidores do Breogán. Comezou ca nova da marcha de Julio González da presidencia. Colle o seu testigo un home vencellado á política, Antonio Veiga, como representante da Deputación (máximo accionista do club) no organigrama breoganista. Sobre a súa paixón polo baloncesto, poucas noticias. Apenas tivemos unhas verbas onde manifesta a súa intención de devolver aos lucenses a propiedade do club (en forma da venda do accionariado), e algúns ven isto como unha posible tentativa de liquidar a sociedade.

Mentres seguimos á espera de ver que nos depara o futuro en canto ao consello de administración, saber se permanecerá Veiga no cargo, e unhas cantas incógnitas máis. A última, o patrocinador. Jesús Lence apoiou sempre a este club, e tras un ano de ausencia, volveu a tempada pasada da man da nova directiva. Unha vez confirmado que Julio deixa a presidencia, parece que hai dúbidas acerca da patrocinio. Oxalá se manteña, por o ben do club.

Entre o breoganismo saen temas que se repiten cada pouco no tempo, como o tema da canteira ou se a estrutura do club está adecuada aos tempos que vivimos.

O futuro próximo presentase incerto, algúns din que hai que ter moita tranquilidade, as verbas de Veiga e sobre todo as de Julio ían nesa liña (particularmente ao que aquí lles escribe, as palabras do xa ex-presidente resúltanlle esperanzadoras); outros apelan ao espírito do grupo empresarial galego que apostou polo “Malo será!”, e outros ven un panorama moi negro.

Dende aquí tentaremos dar luz sobre todo o que vaia ocorrendo ao longo do verán.

Namentras, a través do noso colaborador Keizer Atticus, chéganos unha colección de imaxes dun artigo de Paco Basanta dun deses momentos “negros” que viviu o club ao que todos queremos.  Por suposto, grazas a Paco Basanta pola súa colaboración. Velaquí as imaxes:

12345

Que ninguén de vós esqueza quenes somos, e de onde vimos. Forza Breo!

Advertisements

About Vinicius

Breoganista de hélice. Baloncesto e ciclismo. Chairego, lucense, galego. HBO fan. Namorado da miña terra.

Posted on 4 Xuño 2013, in Xeral. Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Baloncesto con P, de Palencia claro

todo por Palencia Baloncesto

@KIAenZona

Información sobre o Club Baloncesto Breogán S.A.D.

Blogoncesto

Información sobre o Club Baloncesto Breogán S.A.D.

ZonaOCB

Información sobre o Club Baloncesto Breogán S.A.D.