Breogán 69 – Palencia 64

Partido duro o visto en Lugo este sábado ante un rival de entidade como o Palencia. Os árbitros deixaron pegar, e o Breo soubo darse conta e comezar a defender tamén duro. Ademais non estiveron moi acertados nalgunhas decisións, o que fixo saír descontento ao público local e aos visitantes.

Palencia plantouse no Pazo con moitas baixas, Porzingis, Mortellaro e a dun McDermott que xa ven de atrás. Pero non foi impedimento para poñer moi costa arriba o encontro para o Breogán, tamén lastrado cun Manu Gómez tocado (aínda que o bravo xogador betanceiro saíu á pista). Comezou arriba o equipo lucense, pero non tardaron os palentinos en reverter a situación. Incluso chegaron a acadar unha vantaxe de 11 puntos pouco antes do descanso. O Breo salvou o matchball reducindo distancias, que puideron ser de tan so tres puntos antes do descanso, pero unha canastra sobre a bucina deixou o marcador ao descanso nun 32-37.

palencia1

Ao contrario do que viña sucedendo noutros momentos da temporada nos que o Breo comezaba moi ben para ir diluíndose co discorrer do encontro, este sábado, e seguindo a tónica dos últimos encontros, o Breo soubo recompoñerse e medrar no partido a medida que o facía o xogo de Carlinhos de Cobos (que comezara dubitativo cun par de perdas). Finalmente o triunfo ficou en Lugo, un 69-64 que non permitiu recuperar o average, pero que non era o obxectivo primordial. Si o agardado triunfo que pechara o pase á playoffs.

palencia2

A pesar do acertado que estivo o noso ex Roger Fornás, e as boas maneiras que mostrou o readaptado a base Forcada, as claves serían a defensa sobre un Otegi ao que chegaron a entolear a base de tapóns e boas defensas e o fallo nos tiros libres de Palencia. Como Lisardo di sempre, este equipo medra dende a defensa, e así o demostrou.

Destacar a impecable actuación de Diouf a nivel individual, cun 6/8 en tiros de campo, 10 rebotes e 8 tapóns (dos 13 que puxo o equipo, cifra altísima), para rematar con 29 de valoración que serían definitivos no seu nomeamento como MVP da xornada.

Velaquí as estatísticas: http://competiciones.feb.es/estadisticas/Partido.aspx?p=1031230

O mellor: o traballo colectivo, ca entrega e traballo dos nosos en defensa, que valeron unha importante vitoria. Un pazo que por momentos ruxiu como nunca. Boa lectura do encontro de Lisardo.

O peor: malos porcentaxes en tiro de tres e poucos puntos dende o banco de suplentes. Os sustos de Carlinhos e Manu.

Esta semana toca visita a Cáceres, co equipo asentado na 5ª praza, podendo xogar sen presión agardemos que se solte todo o equipo e academos o mellor xogo posible para encarar os playoff.

Fotos cedidas por o C.B.Breogán, realizadas por Pat M.A.S.

Advertisements

About Vinicius

Breoganista de hélice. Baloncesto e ciclismo. Chairego, lucense, galego. HBO fan. Namorado da miña terra.

Posted on 8 Abril 2013, in Encontros. Bookmark the permalink. 3 Comentarios.

  1. Desculpas adiantadas por posibles apreciacións erróneas, pero un escribe dende o sentimento de afeccionado e non dende a óptica dun experto periodista deportivo. Convidados estades a comentar calquera apreciación.

  2. Non está nada mal para ser a primeira crónica.

  3. Na foto da suspensión de Winchester a mao de Garrido na cintura que é para equilibralo.A min esa permisibilidade na defensa non me gusta,penso que o xogo ten unhas normas mínimas que hai que cumplir e o outro día en moitas ocasións non foi asi,por fin soupemos dar tamén nos e sobre todo os árbitros nos deixaron que outras veces non é asi.É unha pena pero para min a labor arbitral foi a que marcou como había de ser o partido

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Baloncesto con P, de Palencia claro

todo por Palencia Baloncesto

@KIAenZona

Información sobre o Club Baloncesto Breogán S.A.D.

Blogoncesto

Información sobre o Club Baloncesto Breogán S.A.D.

ZonaOCB

Información sobre o Club Baloncesto Breogán S.A.D.