Benvida de Javier Gómez a Somos Breogán

479944_10151266252058747_497019821_n

Vinicius é amigo cibernético e eu son Breogán (coma outros moitos, que para iso este blog ten o acaído nome que ten). Son dúas boas razóns para escribir un textiño e saudar a aparición dun novo medio para seguir a actualidade do Breo.

A crise dos medios de comunicación tradicionais, non só vinculada con temas económicos senón con cuestións relacionadas co formato e co xeito predominante de recibir información de todos aqueles que teñen menos de corenta, fai que o Breogán, agora mesmo, non conte co seguemento en directo que tivo anos atrás. E o máis importante, non contaba tampouco con lugares nos que compartir experiencias dende unha perspectiva relacionada co amor ás cores, a historia e a análise dende a óptica celeste.

Somos Breogán é unha iniciativa marabillosa e agardo que teña toda a sorte do mundo. Os que formamos o Breogán, como siareiros que somos ademais de empregados ou directivos estaremos atentos a todo o que dende este foro sirva para tomar o pulso do breoganismo.

Unha aperta

Advertisements

About Vinicius

Breoganista de hélice. Baloncesto e ciclismo. Chairego, lucense, galego. HBO fan. Namorado da miña terra.

Posted on 3 Abril 2013, in Outros. Bookmark the permalink. 1 comentario.

  1. As túas palabras sen dúbida dannos máis gañas se cabe para seguir adiante con este proxecto que comeza con intención de reunir ao público breoganista e que o Breogán teña un pouco máis de presenxa neste novo marco de comunicación que é Internet.

    Saúdos e grazas pola benvida.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Baloncesto con P, de Palencia claro

todo por Palencia Baloncesto

@KIAenZona

Información sobre o Club Baloncesto Breogán S.A.D.

Blogoncesto

Información sobre o Club Baloncesto Breogán S.A.D.

ZonaOCB

Información sobre o Club Baloncesto Breogán S.A.D.